ALCALDÍA

As cidades Premio de Europa ratifican a súa confianza na construción solidaria de Europa

01/07/2005

As cidades Premio de Europa expresaron a súa confianza na superación da actual crise europea, na que as cidades deben contribuír a recuperar o entusiasmo da cidadanía, segundo expresou a Alcaldesa de Tübingen e Presidenta da Asociación de Cidades Premio Europa, Brigitte Russ-Scherer, no transcurso dos actos de celebración do 50 aniversario da creación destes galardóns polo Consello de Europa.

Ler máis

PREMIO DE EUROPA

Representantes das cidades Premio de Europa e membros do Consello asinan no Libro de Ouro da cidade

01/07/2005

Os actos de celebración do 50 aniversario da creación deste premio e do 20 aniversario da concesión desta distinción a Compostela continuaron durante a tarde do venres 1 de xullo. Tras unha visita guiada pola cidade, os alcaldes e representantes das cidades premiadas, membros do Consello de Europa, ex-presidentes e parlamentarios dirixíronse ao Concello, onde estaba prevista unha visita institucional e unha cea fría.

Ler máis
Compartir: