XUVENTUDE

Xuventude programa novas accións formativas en novembro e decembro

31/10/2012

O concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, presentou a proposta de actividades do Departamento para os meses de novembro e decembro. Incluíronse accións formativas en materias como o coaching laboral ou a fotografía e un programa de obradoiros enmarcados especialmente no Nadal.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Máis de 100.000 euros para obras de mellora en vieiros do rural compostelán

31/10/2012

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria, aprobou as obras a desenvolver en varias parroquias do rural no marco do Programa Estratéxico de Infraestruturas do Rural (PEIM), da Consellería do Medio Rural e do Mar. Ademais, aprobouse a cesión de uso gratuíta de dous pisos á Asociación de Doenzas Cerebrais Santa Marta e a Red Madre.

Ler máis

ECONOMÍA

O Concello organiza un seminario para medir o impacto da presenza en Internet das empresas de servizos

30/10/2012

A concelleira de Economía, Reyes Leis, acompañada do presidente da Asociación Hostalería Compostela, Jesús Sordo, e do consultor especialista nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación, Manuel Pan, presentaron Impactic, un seminario sobre auditorías de impacto da presenza en Internet, que se desenvolverá no CERSIA e na Asociación Hostalería Compostela.

Ler máis
Compartir: