INFRAESTRUTURAS

O novo aparcadoiro do Clínico estará listo para antes do verán de 2008

30/04/2007

A Xunta de Goberno deu o visto bo ao proxecto de execución do aparcadoiro público subterráneo da Choupana, nas inmediacións do Hospital Clínico. Unha vez modificado o proxecto, acometerase definitivamente a obra, na que se investirán 3.599.972 euros (4.175.967 con IVE). As obras do aparcadoiro teñen un prazo de execución de 1 meses, polo que estará listo antes do verán de 2008.

Ler máis

LIMPEZA

Visto bo ao proxecto de regulamento para o Punto Limpo

30/04/2007

O Goberno local aprobou o proxecto do Regulamento de uso do servizo público municipal "Punto Limpo". A norma establece os tipos de residuos admitidos, o modo de utilización do servizo e os dereitos e deberes dos usuarios. O documento será sometido á aprobación definitiva do Pleno municicipal.

Ler máis

ALCALDÍA

Compostela acolleu a XIII Xuntanza de Ril

28/04/2007

A Asociación de Transplantados do Ril de Santiago (Tras-Ril-San) celebrou unha nova edición da súa reunión anual. Este ano coincidiron coa celebración dos 15 anos do primeiro transplante en Santiago.

Ler máis
Compartir: