LINGUA
O Concello volve colaborar coa Gala aRi(t)mar de música e poesía galego portuguesas
O Teatro Principal acollerá o 31 de outubro a segunda gala de entrega dos Premios aRi(t)mar da Música e da Poesía Galego-Portuguesa, impulsados pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago co obxectivo de recoñecer e afianzar os vínculos lingüísticos e culturais ás dúas beiras do Miño. A iniciativa conta co apoio do Concello de Santiago e das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura.
MOBILIDADE E CONVIVENCIA
Este luns entrará en vigor a peonalización temporal da costa de San Francisco
O próximo luns, 10 de xullo, quedará cortada ao tráfico a avenida de Xoán XXIII no tramo comprendido entre o Burgo das Nacións e a confluencia coa rúa Entrerríos. O obxectivo é destinar unicamente ao tránsito peonil o contorno da igrexa de San Francisco, "unha área na que se fai moi difícil a convivencia entre os peóns e os vehículos". A medida, que se pon en marcha de maneira provisional ata principios de setembro, foi anunciada hoxe polos concelleiros de Espazos Cidadáns, Dereito...
FESTAS
Terra da Fraternidade acollerá artistas de tres continentes en conexión con músicos do país
Terra da Fraternidade é unha das propostas destacadas da programación das festas do Apóstolo 2017 e terá lugar do 14 ao 18 de xullo na praza da Quintana. Haberá artistas de Polonia, Mozambique, Ghana, Francia, Brasil, Etiopía, Colombia e Portugal, con cadansúa contraparte galega: Mercedes Peón, Raigañas, Habelas Hainas, Adrián Costa, Abe Rábade, The Lákazans e García MC.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Continúan as actividades do Programa Municipal de Conciliación de Verán
O CEIP Raíña Fabiola e o CEIP As Fontiñas acollen por segunda semana as actividades do Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2017. A longo dos meses de xuño, xullo e setembro van a participar nesta iniciativa 204 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
TURISMO
O proxecto "Camiña o Camiño" remata con ilustracións de Santiago
Santiago de Compostela converteuse hoxe na última etapa do proxecto Camiño o Camiño, no que catro ilustradoras galegas e portuguesas puideron debuxar diferentes lugares do Camiño da Costa, nun proxecto desenvolvida por Turismo de Santiago e El Patito Editorial con financiamento da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia.
LINGUA
O Concello e a UCCLA organizan a xornada "A lingua como oportunidade"
Santiago acolle a xornada A lingua como oportunidade, organizada de maneira conxunta polo Concello e a UCCLA, a Unión de Cidades Capitais da Lingua Portuguesa, da que forma parte Compostela como membro observador. O foro celebrarse o luns 10 de xullo no edificio Cersia e será inaugurado polo alcalde, Martiño Noriega.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Jamila Purofilin chega este venres ao Centro Sociocultural de Santa Marta
O Centro Sociocultural de Santa Marta acolle este venres o último dos concertos de Jamila Purofilin, dentro da colaboración entre o Concello de Santiago e a SGAE. A actuación comezará ás 20:00 horas, con entrada libre.
TURISMO E ESPAZOS CIDADÁNS
O Concello insiste na necesidade de ordenar e desestacionalizar o turismo
Os concelleiros de Turismo e de Espazos Cidadáns, Marta Lois e Jorge Duarte, participaron esta mañá nas xornadas Turismo masivo e patrimonio, organizadas polo Consello da Cultura Galega.
ALCALDÍA
O alcalde clausura o Foro Inserta, organizado pola Fundación ONCE e Inserta Empleo
O alcalde, Martiño Noriega, foi o encargado de clausurar hoxe o Foro organizado pola Fundación ONCE e Inserta Empleo, baixo o título "Xestión estratéxica do talento diverso: novos proxectos de traballo en rede". O rexedor aproveitou a súa intervención para reinvidicar "que as administracións sexan as primeiras en dar exemplo á hora de integrar no mundo laboral ás persoas con diversidade funcional". Nese sentido, defendeu a necesidade de incluír cláusulas sociais na contratación...
ESPAZOS CIDADÁNS
Juan Requejo incorpórase ao equipo redactor do Plan Especial e Plan de Xestión da cidade histórica
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade compareceu hoxe en rolda de prensa para dar conta da nova fase que se inicia "para darlle un novo pulo á planificación urbanística da cidade histórica". Jorge Duarte estivo acompañado por Antonino Antequera e Paco Pol, do estudio Thuban, que se encarga da revisión do Plan Especial, e Juan Requejo, que vén de sumarse ao equipo de traballo.