ALCALDÍA
O alcalde reúnese con Gas Natural-Fenosa para urxir solucións aos problemas de cortes de enerxía na zona norte da cidade
Ángel Currás recibiu na Alcaldía aos responsables de comercialización de Gas Natural-Fenosa Negocios Mayoristas da zona norte de España e tratou con eles a necesidade de que se resolvan canto antes os cortes de subministro eléctrico nalgunhas rúas da cidade. Estes trasladaranlle a cuestión aos responsables de distribución.
SOSTIBILIDADE
Compostela contará con 5 novos parques con espazo para pequenos e maiores
A concelleira da Área de Sostibilidade, María Pardo, fixo valoración en rolda de prensa dos proxectos dos seus departamentos tras dous anos de goberno. Entre eles salientou a creación de cinco novos parques, o millón de euros que se destinará á restauración da Rocha Forte ou o bo funcionamento do Rexistro auxiliar de Urbanismo.
ECONOMÍA
As empresas Lau Creacións e Escompring, gañadoras do premio novo empresario e AJE Junior de Santiago de Compostela
Os galardóns entregáronse nun acto celebrado na Fundación Novagaliciabanco de Santiago de Compostela. 18 empresas da capital galega optaron ao mesmo, que outorga a Asociación de Novos Empresarios Provincia da Coruña. Asistiron o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Economía, Reyes Leis.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Máis de 200 rapaces divírtense e aprenden nas Mañás de Verán e de Xogo dos centros socioculturais
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, visitou esta mañá os centros de Santa Marta e Conxo, e puido comprobar de primeira man o moito que están a disfrutar os rapaces participantes.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade en Alemaña
Turismo de Santiago, a través do Grupo de Cidades Patrimonio, reunirase con axencias e turoperadores de Colonia e Dusseldorf.
ECONOMÍA
Arredor de 1.700 persoas participaron nas actividades do Santiago Investors Support no primeiro semestre
O programa ten coma obxectivo axudar ao desenvolvemento empresarial de Santiago a través do fomento da cultura emprendedora. O mércores 10 celébrase o primeiro Foro Investors Support, no que se entregarán os Premios Emprende Santiago.
URBANISMO
As obras do estanque da Alameda comezarán a principios de agosto
A empresa CESPA será a encargada de levar a cabo as obras cun prazo de execución de 4 meses.
CULTURA
O Vía Stellae trae un novo espectáculo de danza contemporánea
A Compañía Nacional de Danza de Costa Rica visita por primeira vez Galicia presentando ‘Vacuo’. O luns 8 de xullo, ás 21.00h, ofrecerá un breve anticipo da obra na Praza de San Martiño Pinario, e o martes 9 de xullo, a representación será no Teatro Principal ás 21.00 h.
CULTURA
O alcalde asistiu á inauguración da exposición NamGoong Moon sobre o Camiño de Santiago
A Casa da Parra acolle esta exposición do artista coreano que realizou catro veces o camiño francés.
URBANISMO
As obras de recuperación da Finca do Espiño comezarán en agosto
A empresa CESPA será a encargada de levar a cabo as obras cun proxecto de aforro económico e no prazo de execución.
A súa proposta foi a mellor valorada no plano económico e no plano técnico.