ALCALDÍA
O alcalde propón un pacto polo civismo
O Concello convidará a representantes de diferentes ámbitos e sectores da cidade a formar parte dun Foro polo Civismo, segundo anunciou o alcalde. O obxectivo é que este foro sexa o voceiro das propostas municipais que se formulen para atallar as consecuencias derivadas do botellón.
URBANISMO
Compostela estará presente na Conferencia Internacional de Cidades Vivas
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, viaxará a Sevilla os días 9, 10 e 11 de xaneiro para representar a Santiago no Foro Cidade Viva que organiza a Dirección General de Arquitectura y Vivienda da Junta de Andalucía. O encontro enmárcase dentro da reunión anual da Rede do Coñecemento cara unha Cidade Sostible, formada por persoas e institucións vinculadas con proxectos de planeamento urbano en cidades de Europa, América Latina e o Mediterráneo.
CULTURA
O VII Festival de Zarzuela remata cun concerto dedicado ao musical americano
O VII Festival de Zarzuela clausurarase o venres 4 de xaneiro de 2008 coa presenza de dous cantantes xa ben coñecidos polo público compostelá, a soprano valenciana Isabel Monar e o barítono murciano José Antonio López. Estes dous experimentados e garlardoados artistas pechan este exitoso certame que, na súa sétima edición, convocou novamente a numerosos afeccionados para escoitar a catro destacados cantantes interpretar variados programas de concerto que incluíron zarzuela, opereta, musical e canción.
MOBILIDADE
A Cabalgata de Reis obrigará a varias modificacións do tráfico
O Departamento de Mobilidade e Seguridade Cidadá informa aos composteláns que, con motivo da celebración da tradicional Cabalgata de Reis o sábado, 5 de xaneiro, realizaranse varias modificacións na ordenación do tráfico.
MOBILIDADE
O 2007 rematou sen vítimas mortais por accidentes de tráfico nas vías urbanas de Santiago
Despois de 21 anos realizando as estatísticas de sinistralidade nas vías urbanas do municipio, o 2007 é o primeiro que remata sen vítimas mortais. Así o anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, tras recibir do delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras, un novo vehículo da Dirección Xeral de Tráfico para a realización de controis de alcoholemia.
FESTAS
Os Reis Magos repartirán 3.000 quilos de caramelos sen glute
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou as actividades previstas para a Cabalgata de Reis. As súas Maxestades chegarán, un Nadal máis e xa van 40, en tren, para logo dirixirse á praza do Obradoiro percorrendo diversas rúas e prazas da cidade.
ALCALDÍA
Compostela contará coa primeira biblioteca pública de Galicia cun sistema de control de fondos por radiofrecuencia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañou ao ministro de Cultura, César Antonio Molina, e ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, na visita que fixeron ás instalacións da nova Biblioteca Pública de Santiago de Compostela.
CULTURA
Opereta vienesa e parisina na terceira entrega do VII Festival de Zarzuela
Tras o éxito artístico e de público dos dous primeiros concertos, o VII Festival de Zarzuela de Santiago entra no seu tramo final con dous novos concertos. O mércores 3 de xaneiro celébrase, no Teatro Principal, o terceiro concerto deste ciclo que patrocina a Fundación Caixa Galicia e organizan a Concellaría de Cultura e a Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza.