CENTROS SOCIOCULTURAIS

Clausurados con éxito os campamentos abertos de Vive o Nadal

07/01/2013

Pecháronse os Campamentos Abertos de Nadal, actividades de conciliación familiar e laboral programadas pola Concellería de Centros Socioculturais no marco de Vive o Nadal. Estas actividades realizáronse dende o 26 de decembro e ata o 4 de xaneiro nos centros socioculturais das Fontiñas, O Ensanche e Conxo, e nos locais socioculturais das parroquias rurais da Gracia, Nemenzo e Figueiras.

Ler máis

URBANISMO

Urbanismo incorpora á Carpeta Cidadá os procedementos de comunicación de obras menores e de fin de obra

07/01/2013

A Concellería de Urbanismo continúa incorporando novos servizos co fin de facilitar o acceso dos cidadáns aos procedementos urbanísticos e de axilizar os trámites nesta materia. Así, segundo anunciou a titular do Departamento, María Pardo, a Carpeta Cidadá incluirá dous novos servizos: a comunicación de determinadas obras menores e a comunicación de finalización de obra.

Ler máis

ALCALDÍA

Lembrando a Isaac Díaz Pardo e Ramón María del Valle-Inclán

05/01/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu en Boisaca á ofrenda floral a Ramón María del Valle-Inclán con motivo do 77º aniversario do seu pasamento. A continuación, no mesmo cemiterio, participou nos actos polo primeiro aniversario do pasamento de Isaac Díaz Pardo.

Ler máis

CABALGATA

Os Reis Magos repartiron ilusións e caramelos entre os nenos e nenas de Santiago

05/01/2013

A tradicional Cabalgata de Reis congregou nas rúas compostelás primeiro e logo no Obradoiro a milleiros de nenos e nenas, desexosos de ver as Súas Maxestades para expresarlle as súas peticións en forma de agasallos. Ao seu paso polas ateigadas rúas da cidade, os Reis Magos repartiron ilusións e 3.500 quilos de caramelos sen glute.

Ler máis

MEDIO RURAL

A reposición dos máis de 38.000 metros de cableado roubados en 2012 supuxo para o Concello un gasto de 150.000 euros

04/01/2013

O concelleiro de Medio Rural, Alumeado Público e Abastecemento e Saneamento, Luis Bello, expresou en rolda de prensa a súa preocupación polo crecente número de roubos de cableado do alumeado público. Así, ao longo de 2012 foron subtraídos 38.295 metros de cable de cobre en 56 instalacións municipais, que xeraron un custo de reposición de 150.287 euros e se traduciron en 17 denuncias.

Ler máis
Compartir: