EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Os programas de conciliación de verán terán talleres "Xoga e aprende con enerxía!"
Este sábado realizouse o cuarto taller Xoga e aprende con enerxía! a cargo de Marta Gómez, arquitecta experta en enerxía da arquitectura. Este ciclo de obradoiros está dirixido a nenos/as entre os 9 e 12 anos, que a través de divertidos xogos aprenden a aforrar enerxía e a concienciarse na mellora dos espazos nos que habitan.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Nenas e nenos de 3 a 7 anos do CEIP Pío XII realizaron unha intervención de "Land Art" na carballeira de San Lourenzo
O CEIP Pío XII realizou unha proposta de Land Art na carballeira de San Lourenzo. Esta iniciativa, enmarcada no Plan Proxecta "12 meses, 12 paisaxes", da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ten como obxectivo fomentar no alumnado o coñecemento e o respecto pola contorna natural cun obxectivo estético, neste caso revalorizando e utilizando a carballeira cun fin artístico e pedagóxico, dende a perspectiva de abrir a escola á cidade.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello substitúe as fianzas pola celebración de actos na vía pública por declaracións responsables
A Xunta de Goberno deu conta hoxe do decreto do concelleiro delegado de Medio Ambiente e Convivencia polo que se elimina a obriga de abonar unha fianza no caso de solicitudes de ocupación da vía pública. Esa garantía económica é substituída por unha declaración responsable que terán que asinar os promotores, organizadores ou responsables dos actos, na que se comprometen a levar a cabo os arranxos necesarios no caso de producirse danos.
CONVIVENCIA
Trescentos escolares de Primaria participaron este venres nunha xornada sobre seguridade viaria na praza do Obradoiro
Con motivo da celebración do Día da Educación Viaria o 10 de xullo, o Concello organizou a Semana da Educación Viaria, un programa de actividades que se pechou precisamente este venres cunha xornada sobre seguridade viaria na praza do Obradoiro. Uns 300 rapaces e rapazas de 4º de Primaria participaron nas actividades, ata as que se achegou durante a mañá o alcalde, Martiño Noriega.
TURISMO
Turismo participa na 1ª Conferencia Española de Turismo Cinematográfico
Turismo de Santiago, a través do seu servizo para a promoción da cidade a través do sector audiovisual, a Santiago de Compostela Film Commission, participou na primeira edición da Conferencia Española de Turismo Cinematográfico, que se celebrou este xoves en Valladolid.
ACCIÓN CULTURAL
El Punto! Danza Teatro presenta "El Olimpo no es aquí" en Compostela a vindeira semana
A compañía andaluza El punto! Danza Teatro chega a vindeira semana a Compostela dentro do circuíto Danza a Escena de La Red de Teatros, Auditorios, Circuítos y Festivales do INAEM. Estarán o xoves 16 de xuño na Sala Agustín Magán, ás 20:30 horas, co seu espectáculo de danza urbana El Olimpo no es aquí.
DEPORTE
Aberto en Salgueiriños o circuíto da XiraKarting, que achega a experiencia de pilotar un kart a todos os públicos
O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, inaugurou esta mañá o circuíto instalado en Salgueiriños no que se desenvolve a décima edición de XiraKarting, xunto con Raquel González, directora da empresa organizadora RGM Eventos, e Román Roo, delegado de Gadisa, principal patrocinador da actividade.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal ofrece de Música ofrece dous concertos esta semana
A Banda Municipal de Santiago ofrecerá a todo o seu público dous concertos esta semana: a súa tradicional actuación dos xoves na praza das Praterías, ás 20:00 horas, e un concerto o sábado 11, ás 13:15 horas, no barrio do Castiñeiriño, con motivo das festas de San Antón.
TURISMO
Turismo de Santiago crea unha ferramenta para coñecer en tempo real a dispoñibilidade de prazas nos establecementos hostaleiros
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e a directora-xerente en funcións de Turismo de Santiago, Yolanda Ferro, presentaron a DispoApp, unha nova ferramenta electrónica concibida integramente por Turismo de Santiago para poder informar en tempo real nas oficinas de información turística sobre a dispoñibilidade de prazas nos establecementos hostaleiros da cidade.
LINGUA
Nikis e Queroté, tendas protagonistas das imaxes gañadoras do #fotolingua
Xa temos gañadores do concurso #fotolingua, organizado polo Departamento de Lingua do Concello de Santiago para darlle visibilidade aos establecementos comerciais que fan uso do galego. O alcalde, Martiño Noriega, fixo entrega esta mañá dos agasallos nas dúas tendas protagonistas das imaxes vencedoras da campaña.