CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia conseguiu un cheo absoluto no Kursaal de San Sebastián

08/06/2015

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) ofreceu un concerto este domingo no Kursaal de San Sebastián. A orquestra actuou xunto ao virtuoso pianista serbio Ivo Pogorelich, cuxas interpretacións causan sensación en todas as grandes salas de concertos do mundo: Estados Unidos, Canadá, Europa, Xapón, Sudamérica ou Israel. O encargado de levar a batuta foi o director titular da agrupación, o mestre Paul Daniel.

Ler máis

EDUCACIÓN

Programa Municipal de Conciliación para o Verán

07/06/2015

O 6 de xuño, a Concellería de Educación pechou o prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación para o Verán 2015, que se desenvolverá no período das vacacións (xuño, xullo e setembro) nas instalacións dos CEIP As Fontiñas e Raíña Fabiola. O prazo de inscrición estará aberto ata o 6 de xuño.

Ler máis

CULTURA E RELACIÓNS VECIÑAIS

Nova cita co programa "Imos ao baile"

05/06/2015

Iníciase o mes de xuño cunha nova sesión do programa Imos ao baile. Será este sábado, na Casa das Asociacións de Cornes (rúa Manuel Beiras, 3) a partir das 17:00 horas.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Concedida a licenza para a construción do aparcadoiro disuasorio de Pontepedriña

05/06/2015

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria deste venres, concedeu a licenza á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a construción do aparcadoiro disuasorio de Pontepedriña. Estas obras teñen un orzamento de execución material de 695.202 euros e permitirán o acondicionamento de dúas zonas de dúas zonas debaixo do viaduto do ferrocarril de Cornes como estacionamento público.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Convenios con 14 entidades culturais por importe de máis de 50.000 euros

05/06/2015

Deuse conta na Xunta de Goberno da sinatura de 14 convenios culturais por un importe total de 50.380 euros. Ademais, aprobouse o texto de colaboración cultural coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para financiar diversas actividades culturais, cunha asignación de 250.000 euros.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello abre un procedemento negociado para adxudicar os Fogos do Apóstolo

05/06/2015

A Xunta de Goberno acordou deixar deserto o procedemento aberto convocado para a licitación do servizo de deseño, produción montaxe e realización dos espectáculos nocturnos do 24 e do 31 de xullo, dentro das Festas do Apóstolo 2015. Polo mesmo, abriu un procedemento negociado sen publicidade coas cinco empresas que se presentaran ao concurso aberto.

Ler máis
Compartir: