CULTURA

Oito novos espectáculos de Falabaratos nos primeiros meses do 2013

10/01/2013

Falabaratos (monólogos, contos e outros shows) foi unha das novidades na programación da cidade no 2012. Neste ciclo as palabras convértense en humor e a ironía e o bo facer dos monologuistas, contadores de contos e protagonistas doutros tipos de shows materialízase en espectáculos de primeira fila a procura dun espectador disposto a pasalo ben. O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou o programa do ciclo para os meses de xaneiro a maio no que contaremos con Dani Mateo, Federico Pérez,...

Ler máis

ALCALDÍA

A Fundación Amigos de Galicia informou ao alcalde sobre o seu labor de atención social a familias sen recursos do municipio

09/01/2013

O alcalde compostelán reuniuse con representantes da Fundación Amigos de Galicia, presidida por Luís Rial Suárez. Este explicoulle a Ángel Currás a situación xeral das familias ás que atenden en Santiago e no seu entorno e solicitoulle a colaboración dos servizos sociais do Concello para un mellor control e detección das persoas sen recursos e con necesidade de axuda.

Ler máis

CIDADE HISTÓRICA

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico abordará as obras previstas no estanque da Alameda e no Hostal dos Reis Católicos

09/01/2013

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, informou dos asuntos tratados na Comisión Asesora de Patrimonio Histórico, celebrada na Capela de Raxoi. Na orde do día figuraban actuacións como as obras no estanque da Alameda ou na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos. Ademais, dada a maior carga de traballo que ten a Comisión, proporanse reunións quincenais, fronte ás mensuais que se viñan celebrando ata agora.

Ler máis

CULTURA

El Columpio Asesino inaugura a programación do Compostela Rock 2013 co final da xira "Diamantes"

09/01/2013

O ciclo Compostela Rock foi unha das novidades en 2012 do Departamento de Cultura e, tras o seu éxito, celébrase de novo neste 2013. O primeiro dos concertos será o de El Columpio Asesino, o xoves 10 de xaneiro, na Sala Capitol, a partir das 21:30 horas, no que será o final da súa xira Diamantes. As entradas poden mercarse, a 12 € anticipada (15 € billeteira), no Principal, en Ticketmaster, en www.salacapitol.com e en A Reixa Tenda. Despois deles, en xaneiro estarán Schwarz e Músculo!,...

Ler máis

FACENDA

O pago fraccionado dos recibos do IBI pode solicitarse ata o 28 de febreiro

09/01/2013

A Concellería de Facenda informa da posibilidade que teñen os contribuíntes composteláns de efectuar o pago fraccionado dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), un sistema que se implanta por primeira vez neste ano 2013. Precisamente, para este exercicio, con carácter excepcional, pódese solicitar este pago fraccionado ata o 28 de febreiro.

Ler máis

TRÁFICO

Só seis positivos na campaña de controis de alcoholemia realizada durante o Nadal

08/01/2013

O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Albino Vázquez, deu conta dos resultados da campaña de control de alcoholemia realizada en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico durante as datas de Nadal. Dos 366 controis realizados, unicamente seis resultaron positivos e só unha xerou tramitación penal, derivando os outros cinco en denuncias administrativas.

Ler máis

TURISMO

Santiago participa en xaneiro nas feiras turísticas de Dublín, Estambul e Madrid

08/01/2013

Turismo de Santiago ten por obxectivo para este 2013 continuar aumentando a presenza do turismo internacional na cidade, seguindo a liña marcada no 2012 cando, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) e a falta dos datos de decembro, se conseguiron os mellores datos de turismo internacional da serie histórica, cun crecemento acumulado do 12,57% respecto do ano 2011, superando incluso os datos de turismo internacional do Ano Santo 2010.

Ler máis

CULTURA

Sebastian Knauer, Benjamin Grosvenor e Andrea Lucchesini na quinta edición do Ciclo de Piano Ángel Brage

08/01/2013

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou o V Ciclo de Piano Ángel Brage acompañado de Maximino Zumalave, un dos maiores impulsores do ciclo e de Eduardo Beiras, patrocinador do mesmo. Na programación desta quinta edición poderemos escoitar aos pianistas Sebastian Knauer o 9 de xaneiro; Benjamin Grosvenor o 24 de abril; e Andrea Lucchesini o 15 de maio.

Ler máis
Compartir: