POLÍTICAS SOCIAIS
Reunión da Mesa de Traballo de Desafiuzamentos da que sairá un protocolo de actuación "transparente, claro e garantista"
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presidiu a primeira xuntanza da Mesa de Traballo de Desafiuzamentos, da que sairá un protocolo de actuación para actuar neste tipo de casos. Na primeira convocatoria participaron os colexios profesionais de Traballo Social, Avogacía e Psicoloxía, os concelleiros de Políticas Sociais dos concellos de Ames, Teo e Santiago e o colectivo Stop Desafiuzamentos. Tamén estaban convidados a Secretaría Xudicial e a Xudicatura, mais escusaron a súa ausencia nesta primeira mesa.
DEPORTE
Noa Morales participou na despedida de Santiago da Copa do Rei de baloncesto
A concelleira de Deporte, Noa Morales, asistiu ao acto de despedida da Copa do Rei, que estivo exposta dende o martes en Tiro Libre SCQ, tenda oficial do Rio Natura Monbus Obradoiro.
POLÍTICAS SOCIAIS E SAÚDE
Concha Fernández pídelle ao xerente do CHUS que a Unidade de Saúde Mental se implique no plan de atención aos sen teito
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, mantivo esta mañá unha xuntanza na súa Concellaría co xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Luis Verde.
ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL
Santiago de Compostela acollerá a I Gala do Libro Galego o próximo mes de maio
O alcalde e a concelleira e Acción Cultural recibiron hoxe no Pazo de Raxoi aos responsables da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da Asociación Galega de Editores e da Federación de Librarías de Galicia. Os tres colectivos querían darlle a coñecer a Martiño Noriega e a Branca Novoneyra os detalles da Gala do Libro Galego, que terá lugar en Compostela o 14 de maio. O evento realizarase no Teatro Principal e será de acceso libre e gratuíto, ata completar aforo.
ALCALDÍA
O alcalde analiza co Foro Cívico o estado das infraestruturas pendentes en Compostela
O alcalde, Martiño Noriega, presidiu unha xuntanza no Pazo de Raxoi cos membros do Foro Cívico Empresarial de Santiago, na que tamén participou o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte. A reunión tiña como obxectivo darlle conta á plataforma do estado de tramitación dalgunhas infraestruturas vitais para Compostela.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello organiza xunto a Médicos do Mundo unha charla sobre o conflito sirio e as necesidades das persoas refuxiadas
O Concello de Santiago organiza, xunto a Médicos do Mundo, un relatorio na cafetería Hervor & Fervor para analizar o conflito sirio e as necesidades das persoas refuxiadas que chegan a Europa.
TURISMO
Reunión da Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade
Este martes celebrouse na sede da Federación Española de Municipios e Provincias en Madrid a reunión de Comisión Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, á que asistiu a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois.
ACCIÓN CULTURAL
Unha intervención de Neves Seara abre a nova etapa da Zona "C", resultado dunha convocatoria de apoio á creación
A directora-xerente en funcións do Auditorio de Galicia, Silvia Modia, presentou este mércores a programación da Zona "C", acompañada de Neves Seara, quen inaugura hoxe a primeira das intervencións que son resultado da primeira convocatoria de apoio á creación en artes visuais da Zona "C".
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago e a USC editan un libro sobre a Cátedra de Farmacoloxía da Facultade de Medicina
O Consorcio de Santiago e a Universidade de Santiago acaban de publicar un libro sobre a Cátedra de Farmacoloxía da Facultade de Medicina da USC. É un estudo do catedrático Ángel Belmonte Vicente, complementado con aportacións do profesor e presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, José Carro Otero.
POLÍTICAS SOCIAIS
A concelleira de Políticas Sociais reúnese con CEAR para coñecer a situación das persoas refuxiadas en España e en Europa
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, mantivo esta mañá unha reunión con Paco Garrido e Mónica López, membros da Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) que lle trasladaron información sobre a situación das persoas migrantes e refuxiadas en Europa e en España.