ALCALDÍA

Compostela fai a súa achega ao novo Estatuto

09/06/2006

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, compareceu na Comisión para a Reforma do Estatuto, onde demandou que o novo texto recoñeza plenamente a Santiago como capital de Galicia. Ademais desta proposta, reclamou "fórmulas" que garantan a equidade na prestación de servizos nas sete grandes cidades e unha defensa "clara e nítida" da lingua galega.

Ler máis

DEPORTES

Un gol para un premio

09/06/2006

A fotografía "Gol", de Antonio Hernández Ríos, foi a gañadora do IX Concurso de Fotografía Deportiva, organizado pola Concellaría de Deportes. Un total de 42 instantáneas presentáronse a este certame, que premia as mellores fotografías con temas deportivos ou relacionados con calquera faceta ou práctica deportiva.

Ler máis

EDUCACIÓN

Inglés no verán sen saír a fóra

09/06/2006

Ata 100 rapaces e rapazas de seis a doce anos poderán participar na English Summer School "Good morning, kids", a proposta da Escola Municipal de Verán de Inglés. "É unha proposta de interese para as familias que queiran aproveitar o verán para que os seus fillos melloren o seu nivel de inglés sen mandalos a outro país", apuntou Elvira Cienfuegos, responsable da Concellería de Educación e Mocidade, que organiza este curso en colaboración coa Piccadilly School of English.

Ler máis

INFRAESTRUTURAS

A rúa Ánxel Baltar estrea imaxe

08/06/2006

A rúa Ánxel Baltar ofrece dende o mércores 7 de xuño, un aspecto totalmente renovado trala conclusíón dos traballos de urbanización. O Concello de Santiago investiu 290.686,52 euros nestas obras para dotar de nova calzada, aparcadoiros, beirarrúas e zonas axardinadas á rúa que enlaza Mestre Mateo con Rosalía de Castro.

Ler máis

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Unha delegación levantina visita o Concello

08/06/2006

A alcaldesa de Mutxamel (Alicante), Asunción Lloréns, encabezou a delegación levantina que visitou o Concello e que foi recibida pola concelleira de Presidencia e Relacións Institucionais, Teresa García-Sabell, e polo responsable de Infraestruturas e Equipamentos, Bernardino Rama.

Ler máis

REHABILITACIÓN

Presentado aos veciños o Plan de Rehabilitación na Pontepedriña

07/06/2006

Os veciños das vivendas do Grupo Compostela e Cardenal Quiroga tiveron na tarde de onte a oportunidade de coñecer os detalles do Plan de rehabilitación integral que xa se presentou na Consellería de Vivenda e Solo e no Ministerio de Vivenda. O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o técnico da entidade que realizou o estudo explicaron o proxecto e atenderon as preguntas dos propietarios das vivendas que serán rehabilitadas.

Ler máis
Compartir: