REHABILITACIÓN

O Concello explica aos veciños o proxecto de estudo, recuperación e posta en valor da fortaleza da Rocha Forte

15/01/2013

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, ofreceu unha charla sobre o proxecto de estudo, recuperación e posta en valor da fortaleza da Rocha, organizada pola Asociación A Rocha Forte. Unha vez recibida a comunicación do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte pola que se concede ao Concello a subvención nominativa de 1 millón de euros para o devandito proxecto, porase en marcha un programa de actuacións que permitirá descubrir o espazo intramuros da fortaleza e exhumar os sectores da muralla e liza que aínda se...

Ler máis

PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais executou o 100% do seu orzamento de 2012

14/01/2013

O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, deu conta das últimas obras do seu departamento, coas que se completou a execución ao 100% do orzamento de 2012. Entre estas actuacións de remate de exercicio salientan a reparación integral do CSC de San Lourenzo e o arranxo de ordenadores en toda a Rede de Centros Socioculturais.

Ler máis

DEPORTES

Mil atletas competirán no Monte do Gozo no Campionato Galego de Cross

14/01/2013

O circuíto do Monte do Gozo será a sede do Campionato Galego de Cross Curto, do Campionato Galego Cadete e Xuvenil de campo a través e o Memorial Alejandro Lorenzo. Uns mil atletas competirán nesta proba, que se disputará durante a mañá do domingo 20 de xaneiro. Santiago será tamén a sede, xa o 17 de febreiro, do II Cross de Compostela.

Ler máis

CULTURA

Trece propostas teatrais no avance de programación do ciclo Teatro & Danza

14/01/2013

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou un avance da programación do ciclo Teatro & Danza para os meses de xaneiro a maio, que se completará con máis obras que se darán a coñecer nos vindeiros días. Desta vez presentou 13 obras teatrais (34 funcións), ás que se engaden funcións escolares de seis destas obras e a presentación en sesión de microteatro doutras dúas. A maior parte desta programación desenvolverase no Teatro Principal e na Zona C de Bonaval,...

Ler máis

DEPORTES

O Concello convida os composteláns a apoiar ao Obradoiro dende a Sala Capitol

12/01/2013

O Concello de Santiago, a través do seu Departamento de Deportes, convida a todos os composteláns e compostelás á Sala Capitol para asistir á retransmisión do partido que disputará o Obradoiro CAB fronte ao FIATC Joventut en Badalona este domingo, 13 de xaneiro, ás 12:40 horas, correspondente á 17ª xornada da Liga ENDESA. Trátase dun partido decisivo, que pode levar ao Obradoiro á fase final da Copa do Rei.

Ler máis

ALCALDÍA

Compromiso para sinalizar os límites da tarifa urbana do servizo de taxis

11/01/2013

O alcalde, Ángel Currás, reuniuse con representantes da Asociación de Taxistas de Compostela, nunha xuntanza na que tamén participou o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Albino Vázquez. No encontro falouse prioritariamente da sinalización do límite da tarifa urbana no termo municipal e da presenza de taxis no aeroporto de Lavacolla.

Ler máis

CULTURA

Dezanove espectáculos para os máis pequenos e as súas familias na primeira entrega de 2013 do ciclo Infantil & Familiar

11/01/2013

O alcalde, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron a programación do ciclo Infantil & Familiar para os meses de xaneiro a abril. Trátase dunha variada proposta que inclúe teatro infantil, funcións específicas de teatro para bebés, concertos, música clásica, contos musicais, combinacións de música e cinema e música e títeres, maxia, un musical e espectáculo de títeres.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A exposición itinerante "Con outra mirada" chega a Santiago de Compostela

10/01/2013

O Centro Sociocultural de Santa Marta acollerá ata o 18 de xaneiro a exposición itinerante Con outra mirada, que organiza FEAPS co obxectivo de mostrar a evolución dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual a través da historia, así como os retos e dereitos que aínda quedan por conseguir.

Ler máis

EDUCACIÓN

O CEIP Apóstolo Santiago contará cun novo comedor de maior capacidade

10/01/2013

A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, visitou o CEIP Apóstolo Santiago xunto co arquitecto da Unidade Técnica da Xefatura Territorial de Educación da Coruña, co fin de abordar as obras previstas no centro. Así, vaise acondicionar un espazo no edificio anexo para empregalo como comedor escolar, substituíndo ao actual espazo, que quedou pequeno ante a demanda existente.

Ler máis
Compartir: