SEGURIDADE CIDADÁ

Os Bombeiros de Santiago realizaron case 1.200 intervencións en 2010

07/04/2011

A concelleira de Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, e o xefe do Servizo de Extinción de Incendios, Xesús Martínez, presentaron en rolda de prensa un balance das intervencións dos Bombeiros de Santiago nos últimos tres anos. En 2010, realizaron 1.192 intervencións, polas 1.031 de 2009 e as 838 de 2008.

Ler máis

ALCALDÍA

Nota informativa: Decreto da Alcaldía

06/04/2011

A partir da información publicada o pasado día 1 de abril referida a posibles irregularidades cometidas pola directora da UMAD no exercicio do seu cargo, faise constar o seguinte:

Ler máis

CIDADE HISTÓRICA

O COAG distingue a reurbanización da praza de San Frutuoso como exemplo de espazo público aberto rehabilitado

06/04/2011

A concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, deu a coñecer a distinción concedida polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) á obra realizada polo seu departamento na rúa Trindade, na praza de San Frutuoso, como exemplo de espazo público aberto rehabilitado. Para Pedreira, esta actuación representa "o modelo de recuperación urbana que defendemos, ao combinar elementos como pedra, auga e vexetación nos espazos públicos".

Ler máis

CULTURA

"Casus Belli+Refutación do Contexto", nova exposición no Auditorio de Galicia

05/04/2011

Logo do peche da exposición Korda. Coñecido, Descoñecido, abre as súas portas unha nova mostra no Auditorio de Galicia. Baixo o nome de Casus Belli+Refutación do Contexto inaugúrase o mércores 6, ás 19:30 horas, na Sala Isaac Díaz Pardo. Na inauguración estarán presentes o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez; os dous comisarios da mostra, Alberto González-Alegre e Ángel Cerviño; e os...

Ler máis

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

A Casa das Asociacións exhibe os gravados do artista compostelán Manoel Bonabal

05/04/2011

A Concellaría de Participación Cidadá leva á Casa das Asociacións (rúa Manuel Beiras, 3) a exposición Pingas, na que o artista compostelán Manoel Bonabal amosará gravados (xilografía e monotipias) coa temática da chuvia. A mostra, que se inaugurará o mércores 6, ás 20.00 horas, estará aberta ata o 29 de abril. No acto haberá un recital poético de Iolanda Aldrey.

Ler máis

EDUCACIÓN

Compostela ensaia o seu abrazo á Catedral

04/04/2011

Continúan os encontros previos ao gran acto de apoio ao 800 Aniversario da Catedral de Santiago: Compostela abraza a súa Catedral. Desta vez, na praza do Obradoiro, realizouse un ensaio previo in situ cun grupo de persoas pertencentes aos diferentes colectivos implicados nesta iniciativa de participación cidadá.

Ler máis
Compartir: