CULTURA
Herbert Schuch presenta "Invocación e campás" no VII Ciclo de Piano Ángel Brage
Tras o concerto de Lars Vogt o pasado mes de marzo, o Ciclo de Piano Ángel Brage continúa coa súa programación desta VII edición. Así, este venres chegará a Compostela Herbert Schuch, ao que poderemos escoitar ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia, enmarcado tamén dentro do Programa de Abono. Presenta o programa Invocación e campás, no que interpretará obras de Murail, Liszt, Messiaen, Bach, Bussoni, Bauer e Ravel.
FESTAS
Saen á venda as entradas para o concerto de Emir Kusturica nas Festas da Ascensión
Xa están á venda as entradas para asistir ao directo de Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra en Santiago de Compostela. O artista multidisciplinar e a súa banda actuarán na praza da Quintana o próximo sábado 16 de maio, sendo un dos nomes principais da programación das Festas da Ascensión de 2015.
INNOVACIÓN
Unha nova aplicación permitirá ao Concello recoller a opinión dos veciños sobre cuestións relevantes para a cidade
O responsable de Innovación do Concello, Fernando Suárez, presentou en rolda de prensa ParticipAPP, unha nova aplicación de participación cidadá, incluída na iniciativa Smart iAGO grazas á cal o Concello poderá coñecer de primeira man a opinión dos veciños e veciñas sobre temas relevantes para a cidade. Así, a aplicación arrancará recollendo as suxestións cidadáns sobre a xestión de residuos, cara a telas en conta na elaboración do novo prego.../em>
MOBILIDADE
Case 700 usuarios empregaron xa a aplicación móbil de reserva de estacionamento na avenida de Barcelona
O concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete, anunciou que, a partir da vindeira semana, o proxecto piloto Apparcar – que permite a reserva de praza de estacionamento a través do móbil na avenida de Barcelona- introducirá algún cambio para mellorar a prestación do servizo a colectivos como os residentes. Ata o momento, 676 usuarios xa fixeron uso desta novidosa aplicación, efectuando 3.000 reservas.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
A Policía Local de Santiago reforza a súa formación en técnicas de intervención policial
Ata o vindeiro 4 de xuño, a Policía Local de Santiago reforza os seus coñecementos en técnicas de intervención policial participando no Curso básico de técnicas de operativa policial 2015 organizado polo Concello, que como cada ano, pon en marcha unha serie de actividades formativas dirixidas á Policía Local coa finalidade de garantir a súa formación continua.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE E MOBILIDADE
Continúan os traballos na rúa Carretas
Nas próximas dúas semanas, a empresa encargada das obras de rehabilitación da rúa Carretas actuará entre a rúa García-Sabell e a entrada do almacén do Hostal dos Reis Católicos, nos primeiros oitenta metros lineais aproximadamente, realizando labores de demolición de pavimento e canalización de servizos.
CULTURA
Irene Aranda Trío grava o seu novo traballo, "Tribus", no Teatro Principal
Na compaña do zanfonista Germán Díaz e con Lucía Martínez á batería, Irene Aranda presenta Tribus, un proxecto musical e discográfico desta pianista e compositora andaluza, recoñecida como un dos novos valores máis sólidos da escena española do jazz, que se xestará e gravará ao vivo no Teatro Principal este xoves.
SERVIZOS SOCIAIS
Segue o programa "A nosa vida en positivo" cunha conferencia sobre como ser mozo hoxe
A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asistiu no Centro Sociocultural das Fontiñas á conferencia "Ser mozo hoxe", impartida polo psicólogo Javier Urra no marco do programa A nosa vida en positivo, promovido pola Concello en colaboración co equipo comunitario do barrio de Fontiñas.
CULTURA
O Retrete de Dorian Gray estrea "In Memoriam" na Zona C dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués
A Zona C acollerá esta semana, e dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués, a estrea de In memoriam, de O Retrete de Dorian Gray. Poderá verse do mércores 22 ao domingo 26 de abril ás 20:30 horas (agás domingo, que será ás 19:30 horas). Trátase dunha proposta de teatro de obxectos, un espectáculo sen palabras cunha duración de 50 minutos. Dirixido por XRON, está protagonizado por Ezra Moreno e Marcos PTT Carballido, con iluminación de Fidel Vázquez e produción de Belem Brandido.
ALCALDÍA
Hernández aposta por converter o centro histórico de Santiago nun "conxunto eficiente, intelixente e cun mellor servizo, tanto aos seus cidadáns como aos seus visitantes"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu á apertura da terceira edición do Congreso Cidades dixitais, a tecnoloxía aplicada a un novo concepto de sociedade, organizado pola Confederación Española de Empresas do Sector TIC (CONETIC). Estas xornadas desenvólvense entre hoxe e mañá no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.