EIXO ATLÁNTICO

O Eixo Atlántico presenta unha guía turística dirixida ao turismo náutico do Arco Atlántico

16/06/2006

O alcalde compostelán e presidente do Eixo Atlántico, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o secretario desta entidade, Xoán Mao, presentaron na Casa do Concello a nova guía turística Stella Maris, a primeira elaborada polo Arco Atlántico. A confección desta guía cd-rom enmárcase dentro do proxecto Stella Maris, que financia a iniciativa comunitaria Interreg III-B.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago busca aos novos "chaquetas vermellas"

16/06/2006

Turismo de Santiago, en colaboración coa Oficina de Voluntariado e o Consello Social da Universidade de Santiago, convoca un verano máis a todos os voluntarios que desexen formar parte da nova xeración de "chaquetas vermellas". Poden apuntarse ata o mércores 21 de xuño.

Ler máis

URBANISMO

Sánchez Bugallo agarda que o PXOM estea listo en mes e medio

16/06/2006

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que a redacción o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), pode estar rematada no prazo dun mes e medio. Este é o obxectivo co que vai traballar a Comisión Directora, que nas vindeiras tres xuntanzas abordará os tres puntos principias do plan: infraestruturas e dotacións, solo urbano e solo rural.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O bo uso do contedor amarelo permitirá a 12 compostelás gozar dun fin de semana de turismo rural

15/06/2006

A campaña de recollida de plástico, latas e briks xa ten gañadores. Un fin de semana para dúas persoas nunha casa de Turismo Rural é a recompensa da que poderán gozar 12 afortunados, que acreditaron o seu bo uso do contedor amarelo entre o 1 e o 30 de maio. O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, entregoulle o premio aos agraciados nun acto celebrado no Salón Nobre do Concello con membros da Corporación.

Ler máis

TURISMO

Santiago analiza en Helsinki o impacto do turismo asiático en Europa

15/06/2006

Tras participar en eventos promocionais en Nova York e Toronto, Turismo de Santiago asiste en Helsinki á primeira edición da feira ‘City Break 2006’ e á conferencia anual e asemblea xeral do grupo European Cities Tourism, que reúne a un centenar de destinos europeos de turismo urbano.

Ler máis

EDUCACIÓN

Oportunidade para coñecer os recursos naturais do Campus Sur

15/06/2006

O Departamento de Educación e Mocidade e a Universidade de Santiago poñen en marcha dous roteiros guiados polo Campus Sur da Universidade. Estes percorridos didácticos realizaranse o venres 16 de xuño ás 17:00 horas e están dirixidos ao profesorado de tódolos niveis educativos e a calquera cidadán. O punto de partida é diante da Facultade de Químicas, para o primeiro roteiro, e diante da entrada principal do Pavillón polideportivo do Monte da Condesa, para o segundo.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

O Concello renova a súa colaboración con Cáritas, Cruz Vermella e a Asociación Centro Cultural-Social Xoan XXIII

15/06/2006

O Concello de Santiago achegará 51.000 euros para colaborar coas actividades que realizan na nosa cidade Cáritas Interparroquial, a Cruz Vermella e a Asociación Centro Cultural-Social Xoan XXIII. O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou esta mañá os convenios que así o establecen cos representantes destas tres entidades sociais.

Ler máis

INMIGRACIÓN

Os nenos e nenas inmigrantes poderán participar nun programa de integración e lecer durante o verán

15/06/2006

A Concellaría de Emigración e Inmigración pon en marcha o Programa de integración dos/as nenos/as inmigrantes nas actividades socioculturais. Esta iniciativa, concibida para atender as demandas dos inmigrantes, está destinada a todos os nenos/as do municipio e contribuirá a unha plena integración nas actividades do Concello a través de obradoiros, xogos, piscina ou saídas para coñecer a cidade.

Ler máis

CULTURA

Sons da Diversidade sae á rúa e ofrece un concerto na Praza da Música en Compostela

15/06/2006

O ciclo Sons da Diversidade pecha a programación deste primeiro semestre cun concerto de Marful o venres 16 no Auditorio de Galicia. Pero antes de chegar ao seu fin, aínda trae un agasallo máis. Unha festa ao aire libre o mércores, 21 ás 21:00 horas, na Praza da Música en Compostela, (diante do Auditorio). A Concellaría de Cultura quere así sacar o ciclo á rúa para achegalo ao maior número de xente.

Ler máis

EDUCACIÓN

Péchase a campaña educativa "En cada rostro igualdade"

14/06/2006

A concelleira de Educación e Mocidade presidiu a clausura da campaña educativa "En cada rostro igualdade", do Foro de Inmigración de Santiago, o mércores 14 de xuño. Nesta iniciativa participaron alumnos e alumnosas de terceiro e cuarto da ESO e pretendía favorecer a integración do colectivo inmigrante e a convivencia respectuosa entre as diferentes culturas. Ao mesmo tempo, intentaba comprometer ao alumnado na construción dunha sociedade máis xusta e humana.

Ler máis
Compartir: