CONSORCIO

Máis de 3.000 persoas participan na aperta humana á Catedral de Santiago

09/04/2011

O Consorcio de Santiago deu por inaugurada a conmemoración do 800º aniversario da consagración da Catedral de Santiago cun abrazo humano ao redor da basílica. O acto de participación cidadá Compostela abraza a súa catedral reuniu a máis de 3.000 persoas formando unha enorme cadea humana, ás que, segundo estimacións, sumáronse unhas 2.000 persoas máis nas inmediacións da Catedral, que gozaron da animación de rúa por parte de asociacións e colectivos culturais da cidade. Polo...

Ler máis

ALCALDÍA

Compostela, cidade de baloncesto

08/04/2011

O proxecto Cidades Adecco chega a Santiago de Compostela co obxectivo de levar o baloncesto a todos e cada un dos recunchos da cidade. Con tal fin, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director corporativo da Federación Española de Baloncesto, Alfonso Seoane, asinaron un convenio de colaboración para fomentar a práctica do baloncesto.

Ler máis

EDUCACIÓN

"El camino de Olaj", de Martín León-Barreto, gaña a cuarta edición do Premio Internacional de Álbums Ilustrados

08/04/2011

O xurado do IV Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados elixiu o traballo titulado El camino de Olaj, de Martín León-Barreto Johnson (Guadalaxara) coma o gañador desta edición. Nesta cuarta edición do galardón, organizado pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora no marco da XI Campaña de Animación á Lectura, participaron 375 traballos.

Ler máis

CONSORCIO

A exposición "Domus Iacobi" amosa as claves da historia e da arte da Catedral

08/04/2011

Con motivo do inicio dos actos promovidos dende o Consorcio de Santiago para o oitavo centenario da Catedral de Santiago, o sábado 9 inaugurarase a exposición Domus Iacobi. A historia da Catedral de Santiago. Un día antes da apertura, realizouse unha visita para os medios de comunicación ao Colexio de Fonseca, onde se instalou a mostra.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Aberto o prazo para solicitar os postos do mercado "Entre Lusco e Fusco" nas terrazas de Belvís para os dous vindeiros anos

07/04/2011

A Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábe abre o prazo para a adxudicación de 33 autorizacións para a ocupación de espazos nas terrazas de Belvís, destinadas a exercer a actividade de exposición, intercambio e venda dos produtos no mercado "Entre Lusco e Fusco", que se celebra nas tardes dos martes nas terrazas do Parque de Belvís.

Ler máis

EDUCACIÓN

O IES Rosalía de Castro representará a Santiago na décima edición do programa "Coñecer as Cidades Patrimonio"

07/04/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, recibiron o grupo do IES Rosalía de Castro que elaborou o traballo seleccionado por Santiago para participar na décima edición do programa didáctico Coñecer as Cidades Patrimonio. Os escolares viaxarán do 1 ao 3 de maio a Ávila, e posteriormente a Toledo, cidade que acolle nesta ocasión o certame final.

Ler máis
Compartir: