MEDIO AMBIENTE
Santiago, gañador do premio Cidade Sostible na categoría de xestión de residuos
O galardón é outorgado pola Fundación Fórum Ambiental, co apoio do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, e coa colaboración de Ecoembes. O concelleiro Xan Duro recolleu a distinción nun acto celebrado hoxe na sede do Ministerio, en Madrid.
CULTURA
O músico alemán Lars Vogt dirixirá a Real Filharmonía de Galicia e interpretará dúas obras de Beethoven ao piano
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro terá lugar o xoves, día 18, na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. O venres a orquestra desprazarase a Oviedo, onde ofrecerá unha actuación no Auditorio Príncipe Felipe da cidade asturiana, ás 20:00 horas, no marco dun programa de intercambio coa Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias, que tocará no Auditorio de Galicia o 8 de marzo. A batuta correrá a cargo do alemán Lars Vogt, que...
ACCIÓN CULTURAL
A Concellaría de Acción Cultural ofrece 18 espectáculos no ciclo Teatro&Danza para este primeiro semestre
Algúns dos espectáculos inclúen actividades paralelas como charlas, presentacións ou talleres e ponse en marcha por primeiro ano a #posfuncion para que os espectadores comenten o evento en directo tras algunha función e sempre a través das redes sociais.
DEPORTE
A igualdade de xénero no deporte, a debate na campaña "Conquista os elementos"
O CSC das Fontiñas será o escenario no que arranque, o próximo venres, a campaña "Conquista os Elementos" impulsada pola Deputación da Coruña para sensibilizar e visualizar o deporte feminino na provincia. Haberá encontros en 23 concellos coruñeses, a partir do visionado do documental "Contra os elementos".
PLENO MUNICIPAL
Emisión en directo da sesión do Pleno municipal
Este mércores celébrase a sesión ordinaria de xaneiro do Pleno da Corporación. A sesión pode seguirse en directo a través da canle en YouTube do Concello de Santiago.
PLENO MUNICIPAL
Aprobados os orzamentos do 2018, que ascenden a 110 millóns de euros e apostan polo investimento nos barrios
O Pleno da corporación vén de dar luz verde, en sesión ordinaria, aos orzamentos de 2018 que ascenden a 110 millóns de euros, Os máis elevados da década. As contas foron aprobadas de forma inicial co voto favorable de Compostela Aberta, as abstencións de PSOE e BNG e o voto en contra do Partido Popular.
CULTURA
Música, teatro e danza no novo ciclo ‘Cultura en familia’
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá a programación deste ciclo dirixido aos máis pequenos e pequenas da casa. As actividades teñen todas un prezo de 4 € e pode mercarse un bono familiar de catro entradas ao prezo de 12 euros. O concerto da Banda é con entrada de balde.
MEDIO AMBIENTE
Máis de setenta árbores emblemáticas da Alameda, identificadas cunha nova sinalización
As árbores máis emblemáticas da Alameda xa están perfectamente identificadas cunha nova sinalización que recolle o seu nome científico, a súa denominación en galego, castelán e braille, e un código QR que permite acceder a máis información sobre a especie a través da web compostelaverde.santiagodecompostela.gal. As placas foron instaladas grazas á colaboración entre o Concello, FINSA e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago.
TURISMO
Santiago consolida o seu crecemento turístico con novos récords en pernoctacións, no aeroporto e no Camiño
En 2017 as pernoctacións superaron por primera vez a cifra de 1.400.000 nun Ano non Santo, o aeroporto acadou os 2.600.000 pasaxeiros e pasaxeiras e o Camiño de Santiago chegou ás 300.000 Compostelas entregadas. O bo comportamento dos datos turísticos apoiouse no crecemento constante do turismo internacional, que xa representa máis da metade da demanda da cidade.
TURISMO
As Cidades Patrimonio da Humanidade de España estiveron na feira de turismo Vakantiebeurs de Utrecht
Con esta feira de turismo nos Países Baixos, o Grupo de Cidades Patrimonio inicia un intenso ano de promoción internacional das quince urbes, no marco da celebración do 25 aniversario da entidade. Na feira de turismo e ocio Vakantiebeurs 2018, que se celebrouse entre os días 9 e 14 de xaneiro, participan os principais destinos, empresas e profesionais do sector e está dirixido fundamentalmente ao público final.