CULTURA

Unha noite con Gabino Diego

23/06/2006

Gabino Diego invita aos composteláns a vivir dúas noites na súa compaña no Teatro Principal. O actor trae a Santiago o seu espectáculo "Unha noite con Gabino", un "prato combinado de comedia", nas súas propias palabras. A cita é o sábado 24 o domingo 25, ás 21:00 horas.

Ler máis

TURISMO

Compostela estreita lazos coa cidade chinesa de QuFu

23/06/2006

Unha delegación chinesa encabezada polo alcalde de QuFu foi recibida polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo. Os representantes desta cidade están en Compostela para continuar cos traballos do programa europeo Asia URBS Heritage, un plan de rehabilitación turística e patrimonial que lideran Compostela e Rennes e do que se beneficia esta vila.

Ler máis

PARQUES E XARDÍNS

Ábrese o novo parque infantil de San Xoan de Vista Alegre

22/06/2006

O parque de San Xoan de Vista Alegre contará a partir do venres 23 cunha renovada área de xogo. Coincidindo coas fogueiras e coas festas neste barrio, ábrese este espazo de lecer, no que o Concello investiu 70.500 euros. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, compartirá esta noite de festa coas veciñas e veciños.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Santiago renova o premio "Bandeira Verde-Cidade Sostible"

22/06/2006

A concelleira de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano, recolleu en Madrid o premio "Bandeira Verde-Cidade Sostible" concedido ao Concello de Santiago . A cidade renova galardón na novena edición desta iniciativa, promovida pola Federación de Usuarios e Consumidores Independentes e apoiada polo Ministerio de Medio Ambiente a través da Fundación Biodiversidade.

Ler máis

FESTAS

Os composteláns espantarán os males en 158 fogueiras

22/06/2006

Santiago encherase un ano máis de fogueiras para celebrar o San Xoan. A noite iluminarase co lume purificador dunhas 158 cacharelas e os composteláns vivirán unha festa ancestral que combina o lúdico co gastronómico. Destas fogueiras, 101 arderan na cidade, incluído casco urbano e arredores, mentres que 57 foron as solicitadas nas parroquias do rural. Non faltarán as sardiñas, o churrasco, o viño e, nalgúns casos, a música en vivo para acompañalos.

Ler máis

CULTURA

As novas tendencias circenses trasládanse á pantalla do Principal

22/06/2006

O Teatro Principal acolle o venres 23 de xuño a presentación do documental "A cuarta pista", de Pela del Álamo. O filme leva á gran pantalla as novas tendencias circences a partir da experiencia do colectivo compostelá Pista Catro. Conta coa participación de Leo Bassi, Jango Edwards, Xesús Ron, Carlo Colombaioni, Virginia Imaz, Miguel de Lira, Luís Tosar e Alex Navarro, entre outros. A entrada é libre.

Ler máis

TURISMO

QuFu e Santiago de Compostela preparan un acordo de irmanamento

22/06/2006

Na continuación dos traballos do programa europeo Asia URBS Heritage, Turismo de Santiago recibe a unha delegación chinesa encabezada polo alcalde de Qu Fu, a cidade de Confucio obxecto deste plan de rehabilitación turística e patrimonial que lideran Compostela e Rennes.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Semana Cultural da Trisca segue a explorar a relación entre o home e a máquina

21/06/2006

O Centro Sociocultural da Trisca segue a celebrar a súa III Semana Cultural ata o 24 de xuño. O evento foi inaugurado pola concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, que asistiu á presentación do mural gráfico feito no parque público da Trisca polo artista Mauro Trastoy. A obra evoca o tema desta Semana Cultural: a relación entre as persoas e as máquinas.

Ler máis
Compartir: