NADAL
A Sociedade Filharmónica Rías Baixas ofrece un concerto para cuarteto de corda e soprano no Principal
O Teatro Principal acollerá mañá mércores, 27 de decembro, un concerto para cuarteto de corda e soprano a cargo da Sociedade Filharmónica Rías Baixas. A programación de Nadal da xornada complétase cos paseos nocturnos e coas visitas do Apalpador aos centros socioculturais.
CONSORCIO
O trompetista venezolano Pacho Flores impartirá clases e ofrecerá tres concertos coa Real Filharmonía de Galicia
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional. En xaneiro contarase coa presenza do aclamado trompetista venezolano Pacho Flores, que ofrecerá ademais tres concertos coa Real Filharmonía de Galicia: o día 11 en Santiago (Auditorio de Galicia), o 12 en Vigo (Teatro...
NADAL
A programación e as actividades diarias de Nadal retoman a normalidade este martes 26
Despois do día de Nadal, a programación destas dataas continúa o martes 26 de decembro con dúas actividades destacadas. Por unha banda, o obradoiro de cantos de Nadal e danzas de Reis "As raíces na pedra" e, polo outro, o obradoiro de revalorización de peluches a través da súa reutilización. Ademáis continúan moitas das actividades que se desenvolven de maneira diaria.
NADAL
Máis actividades e diversión durante o día de Nadal
Despois dunha fin de semana chea de actividades, entre as que destacaron as artes escénicas da man de Pistacatro e Candido Pazó, a ruada do Apalpador e a actuación do coro de Compostela en Escena, no día de Nadal continúan algunhas das actividades máis populares da programación, como a pista de xeo e o Belén de San Fiz.
NADAL
O Mercado de Nadal e o Belén de San Fiz de Solovio terán horario especial na xornada de Noiteboa
Gran parte das actividades da programación de Nadal do Concello de Compostela continúan no día de Noiteboa, aínda que algunhas delas modificarán os seus horarios de apertura. É o caso do Mercado de Nadal, que mañá domingo abrirá as portas só ata as 14:30 horas. Pola tarde, permanecerá pechado. Este horario tamén afectará ao Espazo Creativo do Mercado.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobados os estudos de detalle das ARIS de Vite e de Pontepedriña
A Xunta de Goberno aprobou hoxe, de maneira inicial, catro dos cinco estudos de detalle da Área de Rehabilitación Integral de Vite, así como o estudo de detalle da ARI de Pontepedriña. Trátase dos documentos que establecen os criterios de intervención para a instalación de ascensores, así como para outras actuacións que busquen mellorar tanto as condicións de accesibilidade dos edificios como a eficiencia enerxética. Os estudos de detalle serán sometidos a exposición pública polo prazo dun mes,...
NADAL
Cándido Pazó, Pistacatro, andaina polos museos, ruta polo parque de Belvís e o Apalpador, oferta de Nadal para este sábado
A fin de semana ofrece unha ampla e variada oferta de ocio dentro da programación de Nadal de Compostela. Contacontos, espectáculos de escapismo e clown, roteiros e o Apalpador compoñen a programación do sábado 23 de decembro.
CONSORCIO
A Casa do Cabido acolle "Parafernalia", unha mostra retrospectiva da obra do escultor César Lombera
A Casa do Cabido acolle a exposición Parafernalia, unha retrospectiva da obra do escultor César Lombera. Esta mañá inaugurábaa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega. Ao acto asistiron, ademais do propio autor, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández, e o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno inicia a licitación das obras de mellora da accesibilidade no campo de Santa Isabel
A Xunta de Goberno acordou este venres a apertura do procedemento de adxudicación das obras de mellora da accesibilidade no campo de fútbol de Santa Isabel. Trátase dunha actuación orzada nalgo máis de 116.000 euros, e que terá un prazo de execución de dous meses.
INFORMÁTICA
Ábrese a licitación do proxecto da Plataforma de Goberno Aberto, Colaborativa e Interoperable, no que participa Santiago
A entidade pública Red.es, dependente do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, vén de abrir o procedemento de licitación da Plataforma de Goberno Aberto, Colaborativa e Interoperable. Trátase dun proxecto no que participa Santiago, xunto cos concellos de Madrid, A Coruña e Zaragoza, e que foi un dos beneficiarios da II Convocatoria de Cidades Intelixentes da Axenda Dixital para España.