CULTURA

Nove novos concertos na segunda parte do ciclo Íntimo&Acústico

25/09/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron a segunda parte do ciclo da Concellaría de Cultura Íntimo&Acústico, que ofrecerá neste cuadrimestre setembro-decembro nove concertos no Teatro Principal e na Zona "C". Despois do éxito de Nacho Vegas, que encheu o Principal o 14 de setembro, teremos a Howe Gelb o xoves 27 de setembro e, xa en outubro, a Jane Joyd e Josele Santiago. En novembro contaremos con Juan Perro, Najwa Nimri e The New...

Ler máis

EDUCACIÓN

Escolares alemáns visitan o Concello

25/09/2012

A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, recibiu en Raxoi un grupo de 16 escolares alemáns do Colexio Carl Benz Gymnasium, de Ladenburg, vila situada ao norte do Estado de Baden-Württemberg, no val do alto Rin. Acompañáronos 16 alumnos e alumnas do Colexio Manuel Peleteiro, cos que participan nun intercambio.

Ler máis

ALCALDÍA

A piques de rematar o prazo de inscrición na feira de oportunidades "Santiago Stock"

25/09/2012

Entre o 1 e o 6 de outubro, Santiago celebrará a primeira feira urbana de oportunidades Santiago Stock. O teu punto de encontro aos mellores prezos, onde os comercios participantes poderán liberar os seus stocks, ofertando os mellores produtos aos mellores prezos, pero sen saír da súa tenda, evitando así custes de desprazamento. O prazo de inscrición remata o mércores 26 de setembro.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Inaugurada a Semana Cultural da Rocha, dedicada nesta ocasión ás artes gráficas

25/09/2012

Do 25 de setembro ao 2 de outubro, celébrase a VIII Semana Cultural, dedicada nesta ocasión ás artes gráficas. Exposicións, obradoiros, visitas guiadas ou a festa en honor a Santa Eufemia conforman o programa desta edición. O alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugurou esta Semana Cultural. No acto tamén participaron o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, e o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya.

Ler máis

INFRAESTRUTURAS, CENTROS SOCIOCULTURAIS E BENESTAR SOCIAL

O novo centro sociocultural do Romaño incorporará un centro de día

24/09/2012

Os concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, de Obras e Infraestruturas, María Castelao, e de Benestar Social, Paula Prado, presentaron o proxecto do centro sociocultural do Romaño, infraestrutura incluída no programa Urbana Santiago Norte. A principal novidade do mesmo é que este incorporará un centro de día que funcionará naquelas horas en que o local non teña un uso sociocultural.

Ler máis
Compartir: