INFRAESTRUTURAS
Unha glorieta permitirá eliminar os semáforos de tráfico na intersección do Camiño Francés con Rodríguez de Viguri
A mediados do mes de xuño comezarán as obras das dúas glorietas previstas no entorno do futuro Centro Comercial As Cancelas: unha que unirá a intersección do Camiño Francés con Rodríguez de Viguri e outra que regulará a confluencia do tráfico das rúas Xoán Paulo II, Cancelas, Doiro e 25 de xullo.
EDUCACIÓN
A sala Ángel Brage do Auditorio quedou pequena para unha nova edición do Certame de Danza Intercentros
Máis de 170 bailarinas de entre 3 e 18 anos amosaron ao público o froito do traballo en torno á danza realizado ao longo do curso no VII Certame de Danza Intercentros, enmarcado no programa Compostela en Danza. A sala Ángel Brage do Auditorio rexistrou un cheo absoluto para este espectáculo, que tampouco quixo perderse a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez.
FESTAS
Santiago e Trazo celebrarán conxuntamente por primeira vez a Festa do Escalo de Chaián
O 22 de xullo celebrarase a XXXVIII Festa do Escalo na praia fluvial de Chaián. Pero nesta edición e por primeira vez, a festa celebrarase conxuntamente entre os concellos de Santiago e Trazo.
EDUCACIÓN E MEDIO AMBIENTE
Un proxecto educativo forma os escolares sobre o impacto ambiental da non reciclaxe de lámpadas, pilas, móbiles ou ordenadores
As concelleiras de Medio Ambiente, María Castelao, e de Educación, Rebeca Domínguez, asistiron na Alameda á presentación do proxecto educativo e medioambiental Escola de Reciclaxe. Esta iniciativa, organizada pola Asociación para a Reciclaxe de Lámpadas (AMBILAMP), a Fundación para a Xestión Medioambiental de Pilas (ECOPILAS), a Fundación ECOTIC e a Fundación para Xestión Medioambiental de Aparatos de Telefonía e Comunicacións (TRAGAMÓVIL), está dirixida a escolares de primaria e...
TURISMO
Aberta a nova ruta de Iberia Express entre Santiago de Compostela e Madrid
A concelleira de Turismo asistiu á inauguración da nova ruta de Iberia Express entre Santiago e Madrid. Reyes Leis agradeceu a Iberia Express a súa aposta por Santiago, desexoulle todos os éxitos na ruta, e expresou o seu desexo de que a compañía incremente no futuro as frecuencias desta conexión e poida abrir algunha outra.
URBANISMO
O Concello resolverá as adxudicacións dos solos industriais de Formarís e Costa Vella
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou que se van resolver as adxudicacións dos solos industriais de Formarís e Costa Vella 3 e do enlace destes coa estrada N-550. O Goberno municipal considera que estas adxudicacións son nulas, por estimar que non podían terse realizado polo anterior Goberno en funcións.
BENESTAR SOCIAL
Crying Wolves e Ërglis pechan os concertos sen alcohol do festival "MusiCompostela"
A Sala Moon (República Arxentina, 25) acolle o último dos oito concertos do festival MusiCompostela, celebrado ao longo dos meses de marzo, abril e maio, e enmarcado no Plan de Acción Local na Prevención de Drogodependencias. Crying Wolves e Ërglis son os protagonistas desta última entrega.
DEPORTES
Continúan as clausuras das escolas deportivas nos centros educativos da cidade
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, continúa participando na clausura das escolas deportivas dos diferentes centros educativos de Santiago. O calendario iniciouse o 29 de maio e continuará aínda durante a vindeira semana.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago realiza traballos de conservación na igrexa de San Pedro
O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, vai iniciar novos traballos de restauración na igrexa de San Pedro
CULTURA
Orquesta Voland presenta "Oito pezas europeas" dentro de Sons’2012
Orquesta Voland presenta Oito pezas europeas dentro do ciclo Sons’2012 o domingo 3 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. Dirixidos por Roberto Somoza ofrecen este proxecto artístico que mestura música e literatura con textos de Kinito Mourelle.