ALCALDÍA
O alcalde visita o mercado solidario da Asociación Española contra o Cancro
01/12/2016
Ler máis
O alcalde participou hoxe na inauguración do terceiro mercado solidario organizado pola Asociación Española contra o Cancro de Santiago, na sede da Fundación Granell. Martiño Noriega quixo arroupar neste acto á presidenta e ao vicepresidente da entidade, Luz Hernández e Antonio Guerrero, así como á madriña do evento, a actriz Ana Turpin.