FESTAS
Máis días e máis actividades para todos os públicos nas festas do Apóstolo 2017
O alcalde presentou hoxe a programación das festas do Apóstolo, que se celebrarán do 14 ao 31 de xullo. Martiño Noriega salientou que serán "18 días cunha intensa actividade, con propostas dirixidas a públicos moi diversos, en localizacións distintas por toda a cidade, e coa implicación de diferentes colectivos de Compostela". O rexedor salientou que se consolidan apostas que foron xurdindo nos últimos anos, coma o ciclo Artellando, o concerto das bandas galegas na Quintana ou as actuacións dos...
DEPORTE E TURISMO
Compostela acollerá no 2018 os mundiais Sub-8, Sub-10 e Sub-12 de xadrez
O Salón Vermello do Concello acolleu esta mañá a presentación dos mundiais de xadrez nas categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-12, que se celebrarán en Santiago do 3 ao 16 de novembro. Na rolda estiveron presentes o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; as concelleiras de Turismo e Deporte, Marta Lois e Noa Morales; a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; e os presidentes das Federacións Española e Galega de Xadrez, Javier Ochoa de Echagüen e Gaspar Pérez Carnero.
ACCIÓN CULTURAL
Inauguración da mostra "Alén dos xéneros" no Auditorio de Galicia
Este xoves, ás 20:00 horas, inaugúrase a mostra Alén dos xéneros no Auditorio de Galicia, nun acto no que participarán Marta Lois, concelleira de Igualdade; Iñaki Martínez, director do MARCO de Vigo; Xaquín López, director do Auditorio de Galicia, e Anxela Caramés, comisaria da exposición.
FACENDA
Máis de 280 propostas poderán ser validadas pola veciñanza na 2ª fase dos Orzamentos Participativos
A concelleira de Economía e Facenda deu conta hoxe dos resultados da primeira fase do proceso de Orzamentos Participativos 2018, que finalizou o pasado venres 30 de xuño. María Rozas explicou que "en total foron presentadas 371 propostas, das cales son válidas 283, que agora deberán ser validadas nunha segunda fase que rematará o 31 de xullo".
MEDIO AMBIENTE
O Concello pon en marcha unha campaña para a recollida de aparellos eléctricos e electrónicos
O Concello de Santiago pon en funcionamento unha campaña de recollida de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos, dentro do programa da Tropa Verde. O concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Innovación, Xan Duro, presentou hoxe o proxecto, que leva por lema "Longa vida aos teus aparellos electrónicos!".
COMERCIO
A I Mostra de Cervexa Artesá encherá a Alameda de mestres cervexeiros
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou este martes os detalles da I Mostra de Cervexa Artesá, que se celebrará en Compostela do 7 ao 9 de xullo. Na rolda estivo acompañada de Esteban Loureiro, representante da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns.
MEDIO AMBIENTE
O CIPX de Belvís acolle durante o verán unha exposición sobre o lobo
O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostela, situado no parque de Belvís, acollerá dende o 11 de xullo e ata o 30 de setembro a exposición Lobo: vida salvaxe e mundo rural.
MEDIO AMBIENTE
A Deputación da Coruña comprométese a colaborar no financiamento da Vía Verde Santiago-Cerceda
A Deputación da Coruña vén de asumir o compromiso de achegar os preto de 40.000 euros que custará a redacción do proxecto da Vía Verde, un itinerario de sendeirismo e cicloturismo sobre a antiga vía do ferrocarril que unirá Santiago e Cerceda. Foi no transcurso dunha reunión entre o presidente provincial, Valentín González Formoso, e representantes dos concellos implicados, entre eles o concelleiro compostelán de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.
IGUALDADE
O Concello aumenta a contía e as liñas de acción da convocatoria de subvencións de Igualdade
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou hoxe as bases e a convocatoria de subvencións para o fomento de actividades en prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e de prevención e loita contra a violencia de xénero.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou este domingo unha vítima en Mogán (Gran Canaria).