TURISMO
Os Camiños de Santiago e de Kumano protagonizan unha exposición fotográfica sobre as peregrinacións
Turismo de Santiago inaugurou no Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza das Praterías, unha exposición fotográfica titulada Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade, que foi presentada polo alcalde de Santiago, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis. Esta acción enmárcase na celebración do Ano Dual España-Xapón 2013-2014.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Premio Manuel Beiras cumpre a súa XIV edición recoñecendo o esforzo normalizador de empresas compostelás no uso do galego
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, presentaron a XIV edición do Premio Manuel Beiras. O certame, organizado nesta ocasión pola Cámara de Comercio, recoñece o esforzo que realizan as empresas e institucións do municipio no proceso de normalización do uso da lingua galega.
BENESTAR SOCIAL
Máis de 30 entidades sociais participan no xa constituído Consello Sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, presidiu a constitución formal do Consello Sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade nunha reunión celebrada na Casa das Asociacións de Benestar Social, en Salgueiriños.
CULTURA
Rober Bodegas e Alberto Casado presentan "Entremeses (sketches en directo)" na Zona C
O ciclo Falabaratos ofrece unha nova proposta de humor para esta fin de semana. Así, chegan á cidade Rober Bodegas e Alberto Casado cos seus Entremeses (sketches en directo), que poderemos ver na Zona C este xoves 31, así como venres, día 1 de novembro e sábado día 2 a partir das 20:30 horas. As entradas, a 8 euros anticipada, e 10 euros o día do evento, poden mercarse na billeteira do Principal (no horario habitual de 18:00 a 21:00 horas) e na propia Zona C os días de evento dende as 19:00 horas.
CULTURA
Scout Niblett cancela o seu concerto no triCiclo por motivos de saúde
O TriCiclo 4 celebrarase este xoves 31 no Centro Galego de Arte Contemporánea e nel actuarán, tal e como estaba previsto, Ainara LeGardon e Fantasmage. Non estará, como se anunciou inicialmente, a británica Scout Niblett, que vén de cancelar varios concertos da súa xira por mor dunha enfermidade. O concerto continúa adiante coas outras dúas propostas e completarase máis adiante co concerto de Niblett tan pronto a saúde e a axenda llo permitan.
ECONOMÍA
Certificados de calidade para seis empresas polo seu labor investigador e innovador
O alcalde compostelán, Ángel Currás, entregou os certificados de calidade da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), nun acto ao que tamén asistiu a concelleira de Turismo, Comercio e Emprego, Reyes Leis; o director da Área de Competitividade do IGAPE, Norberto Penedo, e o director xeral de EQA Sistemas (European Quality Assurance Spain), Antonio Almodóvar.
XUVENTUDE
Mozos e mozas de 16 a 35 anos adquiren competencias na busca activa de emprego
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asistiu ao inicio do Curso de Busca Activa de Emprego, que imparte o seu Departamento no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.
ECONOMÍA
Aberto o prazo de inscrición para a cuarta edición de "Getting Contacts!" en Santiago
A Concellería de Economía organiza, en colaboración con Área Central e cofinanciada pola Deputación da Coruña, a cuarta edición en Santiago de Getting Contacts!, enmarcada no programa Santiago Investors Support. Celebrarase o xoves 12 de decembro, a partir das 9:30 horas, en Área Central.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Nova edición da Festa das Cabazas de Conxo, con premios para as máis terroríficas
O barrio de Conxo volve celebrar a súa Festa das Cabazas o sábado 2 de novembro. A Concellería de Centros Socioculturais colabora con esta iniciativa, organizada pola Coordinadora das Festas Tradicionais de Conxo, que inclúe a convocatoria dun Concurso de Cabazas Terroríficas.
FACENDA
A baixada do IBI permitirá o aforro dunha media de 19 euros en todos os recibos
Os composteláns deixarán de pagar 1,7 millóns de euros en 2014 como consecuencia da decisión do Goberno Local de baixar o Imposto de Bens Inmobles (IBI). Así o anunciou o alcalde, Ángel Currás, quen apuntou que esta medida permitirá un aforro medio en todos os recibos de 18,66 euros.