TURISMO
Santiago, destino destacado na Guía de Boas Prácticas en Patrimonio Cultural da Rede DTI
Unha análise de 40 boas prácticas en patrimonio cultural para Destinos Intelixentes pon como exemplo a Turismo de Santiago no eido da dixitalización e adopción de novas tecnoloxías.
ACCION CULTURAL
Compostela lembra Andrés Cisneros, pioneiro da fotografía, cunha placa no lugar onde abriu o seu estudo, un dos primeiros de España
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o foto-historiador compostelá, Carlos Castelao; e o editor Henrique Alvarellos, descubiron hoxe unha placa no número 18 da Rúa Nova, en memoria de Andrés M. Cisneros Pereiro, pioneiro da fotografía galega e española.
TURISMO
O I Encontro do Viño Galego Revera Vinum despídese anunciando unha segunda edición no 2023 polo éxito de convocatoria
Máis de 4.800 persoas visitaron a zona expositiva con representación de preto de 200 adegas e un túnel do viño con máis de 300 referencias das DO e IXP entre o 22 e o 24 de marzo. As actividades paralelas "Rutas de Viño" e "Catas con Maridaxe Musical", nas que colabora o Concello, continuarán ata o domingo 27 de marzo.
MEDIO AMBIENTE
Santiago de Compostela súmase este sábado á "Hora do Planeta" cun apagón nos edificios municipais
O Concello de Santiago, a través da concellería de Medio Ambiente, súmase este sábado, 26 de marzo, á "Hora do Planeta", unha iniciativa de concienciación ambiental que se celebra sempre o último sábado do mes de marzo. Entre as 20:30 e as 21:30 h, os edificios municipais apagarán as súas luces.
DEPORTES
Santiago acolle esta fin de semana tres campionatos de España de loitas olímpicas
Máis de 500 deportistas participarán este sábado 26 e domingo 27 de marzo, nos tres campionatos de España de loita nas modalidades olímpicas de loita feminina, loita libre olímpica e loita grecorromana. Os torneos, que se desenvolverán no pavillón municipal de Santa Isabel, foron presentados esta mañá en rolda de prensa polo concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, e por José Luis Olazábal, presidente da Federación Galega de Loita e disciplinas asociadas.
ALCALDÍA
UNINOVA recibe a encarga de pór en marcha a oficina técnica do proxecto da plataforma loxística de distribución de mercadorías no casco histórico
Uninova (Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L), da que o Concello de Santiago é socio maioritario cun 80% das accións, recibiu hoxe a encarga da posta en marcha da Oficina Técnica para o proxecto da "Plataforma loxística de distribucion de mercadorías no casco histórico de Compostela". Confirmouno o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, na rolda de prensa de hoxe, comparecencia que tivo lugar despois da reunión do Consello de Administración deste organismo.
TURISMO
Máis de 300 cidades dos cinco continentes exporán a Alfombra Floral do Xacobeo 2022, no que é o maior evento da historia a escala mundial nesta arte efémera
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, acompañado polo presidente da Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, Miguel A. García Correa, presentaron esta mañá en rolda de prensa, a imaxe da alfombra floral do Xacobeo 2022, deseñada por Antonio Cunha, que será exposta o 25 de xullo en Santiago e en máis de 300 cidades de todo o mundo. O obxectivo é facer unha homenaxe a escala mundial ao Camiño de Santiago no día grande do Apóstolo, a través desta arte efémera de...
MOCIDADE
Máis de 1100 alumnos participaron na campaña lanzada polo Concello para previr os riscos asociados aos xogos de azar entre os máis mozos
O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, acompañado por Ramón Molina, educador social de Arelar, deu conta esta mañá en rolda de prensa dos resultados da campaña "Vas picar? Mocidade libre de apostas" para a prevención das adiccións aos xogos de apostas, iniciada polo Concello o pasado 29 de outubro.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese coa asociación hostalaria.gal
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; acompañado do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, reuniuse hoxe cunha representación da asociación hostalaria.gal. Unha xuntanza na que a entidade, presidida por Lois López, se presentou oficialmente. Ao remate, o rexedor amosou a súa intención de, a partir de abril, retomar as reunións periódicas coas asociacións de hostalería e as de comerciantes, "unha vez coñecido o novo escenario presupostario" para, sinalou, "empezar a pór en...
TURISMO
Os estudos do Proxecto BODAH confirman que non existe masificación do turismo en Santiago
As conclusións do informe encargado por Turismo de Santiago no marco do proxecto Big and Open Data for Atlantic Heritage descarta problemas cos fluxos turísticos na zona monumental. Hoxe tamén se fixo público o vídeo de presentación de Santiago de Compostela como un dos destinos líderes do BODAH.