IGUALDADE
Minuto de silencio polas novas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas onte en Granada e o pasado 26 de outubro de 2021 en Alacante, vítimas de violencia machista.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Santiago presenta un libro que homenaxea aos músicos xubilados da formación
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron o libro ‘Re-encontros musicais. Homenaxe aos músicos xubilados da BMSC (1993-2021)’; acompañados dos seus autores, Carlos Cabaleiro e Judith Rey; e do director da Banda, David Fiuza. Rosón uniuse á homenaxe agradecendo aos músicos retirados que asistiron ao acto, "a defensa que sempre fixeron pola nosa banda".
ALCALDÍA
Nace o Consello Municipal de Persoas Maiores, un órgano para impulsar o envellecemento activo e o diálogo cos poderes públicos
O alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo, presidiu esta mañá a sesión constitutiva do Consello Municipal de Persoas Maiores que servirá para garantir a participación activa deste colectivo na vida da cidade, mediante a formulación de propostas, consulta e colaboración coa administración local. O Consello conta polo momento con once vocais procedentes de entidades, asociacións e grupos políticos, pero está aberto a novos participantes.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Os Bombeiros estrean un novo vehículo para tarefas de extinción de incendios e salvamento
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá a presentación do novo vehículo do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento co que van contar dende hoxe os Bombeiros de Santiago. Ao acto asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños; e o xefe dos Bombeiros de Santiago, Manuel Sanmartín.
CIDADES PATRIMONIO
A Comisión de Turismo das Cidades Patrimonio arrinca a súa actividade de 2022 co obxectivo de impulsar os plans de acción turística
O concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte, participou esta mañá na sesión constitutiva da Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, na que se marcou como obxectivo o impulso inmediato dos plans operativos de Turismo, que foron aprobados o pasado venres en FITUR.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Tudela (Navarra) vítima de violencia machista.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno acorda o inicio do procedemento de imposición de penalidades por demora na obra de Concheiros
O acordo, segundo indicou en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, "é compatible coa continuidade da obra". Este foi un dos asuntos adoptados na sesión ordinaria da Xunta de Goberno na que tamén se aprobou o proxecto de pavimentación de viarios en varias parroquias do rural por importe de 118.000 euros.
ACCIÓN CULTURAL
O Concello homenaxea a Carlos Maside cunha estatua no Paseo da Ferradura
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, inauguraron este domingo a peza realizada por Soledad Penalta que evoca un paseo do pintor Carlos Maside acompañado polos escritores Uxío Novoneyra e Manuel María pola Alameda compostelá. A súa localización será nas inmediacións da árbore dos namorados, no paseo dos Leóns. No acto tamén estiveron presentes, entre outros, a escultora; o presidente da Plataforma Carlos Maside, Xosé...
MOBILIDADE
Abre "O balcón das Brañas", a cafetería da nova estación Intermodal de Santiago de Compostela
O local terá horario de 06.00 ás 24.00 horas e ofertará servizos a viaxeiros e tamén á cidadanía de Santiago para desfrutar das vistas ás brañas do Sar. Inclúe unha proposta gastronómica para ‘balconear’, un espazo ‘chill out’ e a programación de actividades culturais e artísticas. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu esta mañá o acto de apertura.
ACCION CULTURAL
Compostela lembra a figura do humanista Victoriano García Martí, coa colocación dunha placa no edificio onde viviu
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e Fernando Bermejo Rubio, sobriño-neto de Victoriano García Martí, descubriron hoxe unha placa no edificio da rúa das Orfas, número 17, onde viviu este humanista, xornalista, ensaista, escritor, e "defensor de Galicia".