AEROPORTO

Nova conexión aérea de Air Berlín coa cidade austriaca de Linz

26/04/2006

Dende o vindeiro 1 de maio, Air Berlín ofrece unha nova conexión aérea entre Santiago e Linz (Austria), vía Palma de Mallorca, con 4 voos semanais (luns, mércores, venres e domingos), dende 59€. A saída dende Santiago é ás 17:10 horas, mentres que o voo de Linz sae ás 11:55 h.

Ler máis

RECOLLIDA SELECTIVA

Os contedores amarelos teñen premio

26/04/2006

Unha fin de semana para dúas persoas nunha casa de Turismo Rural é o premio que poderán gañar aqueles que mellor fagan uso do colector amarelo dende o 1 ao 30 de maio, dentro da campaña de recollida de plástico, latas e briks. A iniciativa, que chega á súa segunda edición, foi presentada pola concelleira de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano.

Ler máis

XULGADOS

Santiago pode contar con xulgado e rexistro do mercantil este mesmo ano

25/04/2006

Santiago pode contar este mesmo ano 2006 cun xulgado mixto que entenderá dos temas do mercantil, segundo anunciaron o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luís Méndez Romeu, trala súa xuntanza no Pazo de Raxoi. Ademais, o Departamento autonómico tramitará en breve a solicitude para que comece a funcionar canto antes o rexistro mercantil.

Ler máis

CURTOCIRCUÍTO’06

Remata a recepción de guións para Curtocircuíto 2006

25/04/2006

O venres 28 de abril péchase o prazo para a recepción de guións para participar no Compostela Plató, o concurso estatal de guións para curtas de ficción do III Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto’06

Ler máis

RELATO ORAL

O Teatro principal acolle a última fase do concurso "Tíralle da Lingua"

25/04/2006

O Teatro Principal acolle o xoves 27, ás 10.00, a última fase do concurso "Tíralle da Lingua", unha iniciativa na que participaron 2.000 rapaces de toda Galicia, que puideron aportar os seus relatos orais. Nesta última etapa presentaranse os relatos gañadores, correspondentes a 60 rapaces de 35 centros escolares. Este acto final foi presentado en rolda de prensa polo concelleiro de Política Lingüística, Manuel Portas, e por Belén Ambroa Roca, da directiva da Asociación Pedagóxica Galega, AS-PG.

Ler máis

INMIGRACIÓN

As mulleres inmigrantes contarán cun punto de encontro

25/04/2006

"Proxecto de Integración Sociocultural de Mulleres Inmigrantes" é a denominación dunha iniciativa que pretende dar unha oportunidade ás mulleres inmigrantes que viven Santiago para atopar un punto de encontro no que tratar diversos temas do seu interese. Así o indicou a concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, na presentación deste proxecto, que desenvolve o Concello de Santiago en colaboración coa Cruz Vermella.

Ler máis

ENSINO

Escolares de Santiago demandan un ensino universal

25/04/2006

Escolares de Santiago de Compostela pediron ao tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Néstor Rego, que se comprometa a poñer en marcha medidas para asegurar que o ensino universal sexa unha realidade no ano 2015. Para acadar este obxectivo fan falta 15 millóns máis de docentes cualificados e ben remunerados.

Ler máis
Compartir: