PROMOCIÓN ECONÓMICA

Promoción Económica amosa as súas instalacións e servizos aos cidadáns

30/01/2007

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Mercados, Xosé Manuel Iglesias, acompañado polo primeiro tenente de alcalde do Concello, Néstor Rego, presentou as oficinas e centros de formación que dependen do departamento. O obxectivo da visita era amosar os recursos físicos cos que conta a Concellaría e os servizos que presta á cidadanía.

Ler máis

CULTURA

Ros Marbà dirixe á Real Filharmonía no Concerto para violín de Alban Berg

30/01/2007

A Real Filharmonía de Galiciainterpreta no concerto desta semana tres pezas diferentes, dunha grande orixinalidade. O programa ábrese con "But in vain…", unha novidade do compositor galego Eduardo Soutullo, feita por encargo da Fundación Autor e da Asociación Española de Orquestras Sinfónicas, a proposta da Real Filharmonía. É a segunda obra dun tríptico de obras orquestrais inspiradas en tres versos do poema "Even Song", de Oliver Wendell Holmes (1809-1894).

Ler máis

EDUCACIÓN

Concello e Xunta colaborarán na reforma do IES Eduardo Pondal

29/01/2007

O IES Eduardo Pondal será sometido a unha significativa reforma, en virtude dun convenio entre o Concello e a Xunta de Galicia, cuxa proposta aprobou a Xunta de Goberno. Esta actuación permitirá a reforma do peche do recinto, melloras nos accesos ou a ampliación dos espazos libres cubertos, entre outras.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Entregados os premios do Concurso de Novas ideas Empresariais

29/01/2007

O Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, entregou os seus premios aos gañadores do Concurso de Novas Ideas Empresariais Compostela Activa do ano 2006, nas dúas modalidades coas que conta. Na categoría de Novas Ideas Empresariais edición xeral os gañadores foron, por esta orde: Arrendamiento Tecnológico y Servicios, Darredor deseño cultural e Maritza Abeleira centro de formación de moda. Na modalidade de Novas Ideas Empresariais promovidas por mulleres acadou o primeiro premio a ludoteca Gazafello,...

Ler máis

EIXO ATLÁNTICO

O Eixo Atlántico e Ibero Clásicos porán en marcha un trofeo de vehículos antigos

29/01/2007

O presidente do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou un convenio de colaboración co xerente da empresa portuguesa Ibero Clássicos-Veículos Clássicos, Rui Pina Cardoso, para a realización do "Trofeo do Eixo Atlántico", de carácter automobilístico. A proba consistirá en catro etapas, que percorrerán as cidades galegas e portuguesas integrantes do Eixo nos meses de maio, xuño, xullo e outubro.

Ler máis

EIXO ATLÁNTICO

O Eixo Atlántico fixa na súa Axenda Estratéxica os obxectivos para os vindeiros sete anos

29/01/2007

"Axenda estratéxica. Sete ideas para sete anos decisivos" establece os obxectivos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para o período 2007-2013. O contido deste estudo será un dos puntos centrais da Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, que se celebrará o 9 de febreiro en Vilanova de Gaia (Portugal). O obxectivo é chegar a esa data límite, en que cambiará a orientación dos fondos comunitarios, nunha situación favorable e competitiva.

Ler máis

DEPORTES

O campión da Recopa de Europa brindou o título á cidade

29/01/2007

Despois das celebracións na Praza Roxa tralo partido, o Lobelle de Santiago quixo seguir festexando o título de campión da Recopa de Europa. Tocou o turno de brindarlle o título á cidade e para iso pasaron por Raxoi, onde directivos, técnicos e xogadores foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e pola corporación municipal.

Ler máis

DEPORTES

Compostela vibrou co triunfo do Lobelle

28/01/2007

O Lobelle de Santiago xa é campión da Recopa de Europa, tras impoñerse ao Benfica portugués por cinco tantos a tres. Foi un partido intenso, que se decidiu na prórroga, pero con final felíz para o equipo compostelán.

Ler máis
Compartir: