IGUALDADE
Minuto de silencio polas novas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas onte en Granada e o pasado 26 de outubro de 2021 en Alacante, vítimas de violencia machista.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Santiago presenta un libro que homenaxea aos músicos xubilados da formación
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron o libro ‘Re-encontros musicais. Homenaxe aos músicos xubilados da BMSC (1993-2021)’; acompañados dos seus autores, Carlos Cabaleiro e Judith Rey; e do director da Banda, David Fiuza. Rosón uniuse á homenaxe agradecendo aos músicos retirados que asistiron ao acto, "a defensa que sempre fixeron pola nosa banda".
ALCALDÍA
Nace o Consello Municipal de Persoas Maiores, un órgano para impulsar o envellecemento activo e o diálogo cos poderes públicos
O alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo, presidiu esta mañá a sesión constitutiva do Consello Municipal de Persoas Maiores que servirá para garantir a participación activa deste colectivo na vida da cidade, mediante a formulación de propostas, consulta e colaboración coa administración local. O Consello conta polo momento con once vocais procedentes de entidades, asociacións e grupos políticos, pero está aberto a novos participantes.