ALCALDÍA
APERTURA DA TERCEIRA CONVOCATORIA DE AXUDAS: PLAN DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DE SANTIAGO (PRESS)
O Concello de Santiago abre a terceira convocatoria de axudas destinada a paliar os efectos provocados polas medidas restritivas ditadas pola autoridade competente para frear a pandemia. Estas axudas se convocan no marco do convenio de colaboración asinado coa Deputación da Coruña para o desenvolvemento do Plan de reactivación económica e social do Concello de Santiago, cunha achega provincial dun millón de euros.
COMERCIO
As solicitudes das axudas ao sector comercial poden solicitarse dende mañá sábado 8 de maio
As axudas ao sector comercial incluídas no PRESS (Plan de Reactivación Económica e Social de Santiago) poden solicitarse dende as 9.00 horas de mañá, sábado 8 de maio. O prazo para a presentación rematará o 24 de maio.
DEPORTES
161 deportistas compiten no trofeo de iudo Cidade de Santiago, puntuable para a copa de España, que se celebra o domingo
O domingo, 9 de maio, o pavillón municipal do Restollal acollerá o "XIII Trofeo Cidade de Santiago. Copa de España Júnior", de iudo, no que colabora o concello de Santiago, a través da concellaría de Deportes. Na competición participarán máis de 250 persoas, entre organizadores, deportistas, técnicos, árbitros e delegados.
ALCALDÍA
Compostela, Vilagarcía e a Mancomunidade do Salnés promocionarán conxuntamente os Camiños de Santiago
O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a sinatura de dous protocolos de colaboración: por un lado, os alcaldes de Santiago e Vilagarcía, Xosé Sánchez Bugallo e Alberto Varela, comprometéronse á promoción turística conxunta; polo outro, Compostela e a Mancomunidade do Salnés acordaron a difusión de dúas iniciativas relacionadas co Camiño de Santiago. Por parte da Mancomunidade asinou a súa presidenta, Marta Giráldez.
ALCALDÍA
O alcalde chama á responsabilidade da cidadanía ante o remate do estado de alarma
Aínda que as cifras de Santiago son "francamente boas", o rexedor compostelán chamou de novo á reponsabilidade da cidadanía ante o levantamento das medidas restritivas polo fin do estado de alarma o vindeiro día 8.