FESTAS
Volven as Festas da Ascensión do 13 ao 16 de maio
Despois dun 2020 sen Ascensión por mor da pandemia, volven as festas compostelás por excelencia, do xoves 13 ao domingo 16, con concertos na prazas, teatro, alboradas e pasarrúas; iso si, cumprindo con todas as medidas anticovid. O programa completo presentouno o concelleiro de Festas, Gonzalo Muiños.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de inscrición no programa de conciliación "Vive o verán", que organiza a rede de Centros Socioculturais
Desde hoxe, e ata o 22 de maio, está aberto o prazo de inscrición no programa "Mañás de verán e xogo. Vive o verán 2021" que organiza o departamento de Centros Socioculturais. Trátase dun amplo abano de actividades de conciliación, que ofertan un total de 150 prazas destinadas a nenos e nenas de entre 4 e 14 anos.
EDUCACIÓN
Os obradoiros de verán das escolas infantís municipais ofertan 45 prazas de conciliación para nenos e nenas de 3 a 8 anos
O concelleiro de Educación e Mocidade, Rubén Prol, presentou hoxe os "Obradoiros de verán" das Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, que ofertan un total de 45 prazas, 15 por centro. Están dirixidos a nenos e nenas empadroadas en Santiago, ou que cursen os seus estudos en centros de educación infantil e primaria desta cidade, con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos, é dicir, segundo ciclo de educación infantil e primeiro e segundo de educación primaria.
IGUALDADE
Reactívase Territorio das Mulleres e póñense en marcha dous programas educativos sobre igualdade
A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou hoxe a reactivación do proxecto Territorio das Mulleres, o paraugas institucional baixo o que se desenvolverán, durante os próximos 14 meses, campañas, programas, festas e obradoiros en espazos abertos. Este programa é un dos tres piares sobre o que se asentan as políticas de igualdade do Concello de Santiago.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
MAÑÁS DE VERÁN E DE XOGO
A Rede de Centros Socioculturais do concello de Santiago ofrece nas mañás do mes de xullo un conxunto de actividades de lecer, socioculturais e recreativas que forman parte do programa Vive o verán. Están destinadas a nenos e nenas de Santiago e desenvolveranse en diversos centros da cidade e tamén en centros das parroquias do rural.
PRAZO DE PREINSCRICIÓN: do 4 ao 22 de maio nos centros socioculturais, en horario de 10 a 14h e 17 a 21h ou enviando
a ficha de preinscrición cuberta ao correo electrónico:
EDUCACIÓN
OBRADOIROS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE CONXO, AS FONTIÑAS E MEIXONFRÍO-SALGUEIRIÑOS
Os obradoiros teñen como obxectivo axudar ás familias a conciliar a vida familiar, laboral e persoal nos períodos extraescolares. Así as escolas infantís municipais convértense nun lugar de encontro para nenos/as do segundo ciclo de Educación Infantil e Primeiro ciclo de Primaria cunha proposta diferente e lúdica, rompendo coa rutina do curso escolar e ofertando unha serie de actividades ós máis pequenos/as que permitan ás súas familias seguir cumprindo cos compromisos laborais.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as bases da nova convocatoria de axudas para o comercio e a hostalería, que superan os 3,6 millóns de euros
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou as bases reguladoras da nova convocatoria de axudas para o rescate do comercio local afectado pola crise, así como as destinadas á restauración, hospedaxe e turismo. Son axudas directas, que contan cun orzamento de 3.651.105,36 euros.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía local identifica os autores de varias pintadas no Ensanche compostelán
Na madrugada do venres 30 de abril, ás 05:50 horas, a Policía local de Santiago sorprendeu a dous varóns, un de vinte e outro de vintecinco anos de idade, facendo pintadas (graffitis) nas rúas Doutor Teixeiro e República do Salvador.
ALCALDÍA
Recepción ao embaixador de Suíza
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi o embaixador de Suíza en España, Hanspeter Mock, que asinou no Libro de Ouro do Concello.