TURISMO
Turismo de Santiago organiza unha xornada para o sector de Congresos e Eventos da cidade no contexto da Covid-19
Turismo de Santiago, a través do Santiago de Compostela Convention Bureau, organizou unha xornada técnica dirixida ao sector dos Congresos, Reunións, Eventos e Incentivos da cidade, no que participaron Organizadores Profesionais de Congresos, o Pazo de Congresos e hoteis vinculados con este sector concreto.
MERCADOS
O Recinto Feiral de Amio acolle de xoves a domingo a sétima edición do Salón do Vehículo de Ocasión
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e o responsable da organización do evento, Fabián Saavedra, presentaron en rolda de prensa a sétima edición do Salón do Vehículo de Ocasión en Santiago de Compostela, que se celebra no Recinto Feiral de Amio do xoves 27 ao domingo 30 de maio.
ACCIÓN CULTURAL
INVISIBLES E SONORAS, unha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou esta mañá unha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea que este ano levan por título INVISIBLES E SONORAS. Fíxoo acompañada de Xosé Luís Penas, deputado provincial da Deputación da Coruña; Mar Lorenzo, vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC; e Santiago Olmo, director do CGAC, en representación das entidades que organizan as Xornadas, que contan tamén co apoio do Consorcio de Santiago.
OBRAS
A concellaría de Obras actuou nos cinco primeiros meses do ano nas beirarrúas de 79 zonas do centro da cidade e dos barrios
No que levamos de ano realizáronse, no concello de Santiago, actuacións en beirarrúas de 79 rúas e espazos do centro da cidade e dos distintos barrios, a excepción do casco histórico. O balance presentouno o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, xunto á planificación para os próximos meses.