POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Vide Vide!, Creativas Galegas e Código Cero, distinguidas na XXII Edición dos Premios Manuel Beiras
O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio manteñen desde o ano 2000 un acordo de colaboración para a convocatoria anual dos Premios Manuel Beiras, dedicados a recoñecer e poñer en valor as empresas que empregan habitualmente o galego na súa comunicación.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas en Torrevieja (Alacante) e en Liaño (Cantabria), vítimas de violencia machista.
ACCIÓN CULTURAL
A obra "Como agullas finas cravadas no pescozo" de María Caíña Hurtado, gañadora da cuarta edición dos Premios SELIC de creación literaria
A obra de teatro "Como agullas finas cravadas no pescozo", de María Caíña Hurtado, é a gañadora da cuarta edición dos Premios SELIC de creación literaria, convocados polo Concello de Santiago. O accésit foi para a novela "Os acios tardegos", de Antonio Piñeiro Fernández. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, destacou a singularidade deste galardón, que ten como obxectivo enriquecer o patrimonio literario de Compostela en lingua galega.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local estrea nove vehículos
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá a presentación dos novos vehículos rotulados cos que vai contar dende hoxe a Policía local de Santiago: 8 turismos Seat Ateca e 1 todoterreo Land Cruiser. Ao acto asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños; e o xefe da Policía Local, José Ramón Silva.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago licita a redacción do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da igrexa, hospital psiquiátrico e mosteiro de Conxo por 201.770,76 €
As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 17 de xaneiro para presentar as súas ofertas.