ACCIÓN CULTURAL
"A poesía dá a nota": proposta de festa para pechar o Respira!
"A poesía dá a nota" é o título do recital que este ano clausurará o martes 21 de decembro no Teatro Principal de Compostela o festival Alguén que respira! 2021. Nesta edición, que se celebrou en catro xornadas desde o 21 de marzo, o respira! organizou un peche festivo con dous artistas de grande forza musical, o galego Projecto Mourente e o asturiano Rodrigo Cuevas, un dos artistas máis carismáticos dos xurdidos nos últimos anos en España. Ambos farán, respectivamente, un particular percorrido pola...
ACCIÓN CULTURAL
33 espectáculos na programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre de 2022
O programa arrinca os días 14 e 15 de xaneiro con ‘Shock 1’ e ‘Shock 2’, as dúas propostas de Andrés Lima coproducidas polo Centro Dramático Nacional e baseadas en ‘A doutrina do shock’ de Naomi Klein, e continuará con outros 31 espectáculos máis ata o mes de maio.
ALCALDÍA
O Concello homenaxea o persoal xubilado en 2021
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto de homenaxe e entrega de placas aos traballadores e traballadoras municipais que se xubilaron neste 2021.
ALCALDÍA
O alcalde, "francamente satisfeito" co avance do Polo Biotecnolóxico de Galicia
Xosé Sánchez Bugallo amosou a súa satisfacción polo avance do Polo Biotecnolóxico de Galicia, cuxo proxecto foi presentado o pasado luns. O rexedor recalcou que o inicio das obras é un "paso decisivo" nunha "actuación primodial e estratéxica para Santiago".
MEDIO AMBIENTE
Hoxe pola tarde terá lugar unha charla informativa sobre compostaxe e a entrega de composteiros
O acto enmárcase no programa para o fomento da compostaxe "Compostela Orgánica" levado a cabo pola Concellaría de Medio Ambiente grazas ás axudas convocadas pola Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda) e cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberto un novo prazo de inscrición nas Mañás de Nadal 2021
Aquelas familias que non chegaron a tempo á preinscrición das Mañás de Nadal, poderán solicitar algunha das prazas vacantes ata o próximo luns
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago vai rehabilitar a fachada nobre do Pazo de Raxoi, que incluirá ademais a mellora da eficiencia enerxética do edificio
O investimento no tecido residencial será de 600.000 €, o que supón un incremento do 47% con respecto a 2021 e do 79% en relación a 2020. Ao programa de rehabilitación e mantemento vanse dedicar 1.798.579,88 € e ao de dinamización cultural e turística 5.813.016,90 €