POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
O Concello de Santiago renova durante o mes de xullo a convocatoria de #Fotolingua, que neste 2020 vai pola quinta edición
O concurso #Fotolingua alcanza a súa quinta edición co obxectivo de sumar maior visibilidade aos negocios que se comprometen co uso do galego grazas á colaboración da súa clientela e do público en xeral. A nova edición do certame foi presentada este luns en rolda de prensa pola concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello aproba unha Oferta de Emprego para 2020 con 27 prazas de quenda libre
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns á Oferta Pública de Emprego para 2020. Tamén se deu o visto bo á ampliación de horarios da hostalería con motivo das festas do Apóstolo e San Roque e ao proxecto de mellora do estacionamento de Belvís.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia regresa aos escenarios cun concerto na Cidade da Cultura e dirixida polo seu mestre titular, Paul Daniel
A Real Filharmonía de Galicia regresa esta semana de novo aos escenarios logo dun parón obrigado de catro meses debido á crise sanitaria provocada pola Covid-19. Os/as músicos/as están a recibir sesións informativas para coñecer os protocolos de prevención que deben manter nas súas actuacións e o mércores comezarán os ensaios.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o estudo de detalle para a instalación de ascensores no grupo de vivendas Diego Xelmírez (Santa Marta)
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o estudo de detalle para a mellora da accesibilidade e das condicións xerais das edificacións do grupo de vivendas Diego Xelmírez", que afecta aos números 31-33, 25-27 e 29 da rúa de Santa Marta de Arriba. O documento, presentado polas comunidades de propietarios dos edificios, reúne, dende o punto de vista técnico, os requisitos necesarios para a súa aprobación inicial e posterior exposición pública durante o prazo dun mes. A solución que se presenta é a...