CONSORCIO
Actívase o primeiro plan de despregamento de fibra en todo o casco histórico grazas á colaboración entre Concello e Xunta
A fibra óptica chegará á rúa do Franco este verán e á totalidade do conxunto histórico compostelán nun prazo estimado de sete meses. Esta é previsión do plan de despregamento que o director territorial de Relacións Institucionais do operador Orange, Óscar Aragón, presentou hoxe ao alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; á directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira; e á directora xeral de Patrimonio da...
RELACIÓNS VECIÑAIS
Aberto o prazo de solicitude de subvencións para actividades realizadas polas asociacións veciñais
Dende este martes e ata o próximo 5 de xullo está aberto o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións a asociacións veciñais sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2020. O Concello de Santiago destina a estas axudas a contía de 100.000 euros.
TURISMO E PROMOCIÓN ECONÓMICA
O sector hostaleiro de Compostela pode solicitar axudas para a mellora e a innovación ata o 14 de xullo
A partir de hoxe e ata o 14 de xullo, queda aberto o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de axudas para a mellora e innovación da restauración e a hospedaxe compostelá. O Concello de Santiago, a través da Concellaría de Turismo, destina a estas subvencións 100.000 euros, ampliables noutros 300.000 en función da demanda. O obxectivo destas axudas é fomentar a innovación na restauración e hospedaxe de Santiago, como ferramenta fundamental para incrementar a súa competitividade empresarial e...