IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido en Xixón.
TURISMO
Santiago consegue no 2019 máximos históricos en pernoctacións, peregrinos e pasaxeiros no aeroporto
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, fixeron un balance da situación turística da cidade, presentando as principais expectativas para 2020. Segundo apuntou o concelleiro, "no 2019 a cidade conseguiu tres máximos históricos nas principais variables turísticas: pernoctacións nos establecementos hoteleiros da cidade, peregrinos que percorreron o Camiño de Santiago e pasaxeiros no aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro".
TURISMO
As Cidades Patrimonio promocionan a súa oferta turística no mercado belga
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España promociona a súa oferta turística e monumental no mercado belga na feira Salon des Vacances, que se celebra ata o vindeiro domingo en Bruxelas. Ademais, no marco deste evento, a delegación das 15 Cidades do Grupo participou na presentación do mercado belga, organizada pola OET de Bruxelas, que se celebrou na Embaixada de España. Precisamente a embaixadora de España en Bruxelas, Beatriz Larrotcha, e o director da OET, Rafael Chamorro, visitaron a caseta do Grupo de Cidades Patrimonio na...
ALCALDÍA
Santiago volve á Executiva do Eixo Atlántico
Santiago de Compostela volve á Executiva do Eixo Atlántico despois de oito anos, coa presenza na mesma do alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen xogará un papel fundamental na negociación das infraestruturas co actual Goberno do Estado. Así quedou de manifesto na o XXVIII Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, celebrada este venres na localidade portuguesa de Matosinhos.