ALCALDÍA
Novas restricións aprobadas para Santiago no decreto da Xunta do 4 de novembro
A Xunta publicou o 4 de novembro no Diario Oficial de Galicia novas restricións previstas para Santiago. Son as seguintes:
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada na localidade de Palma de Mallorca, vítima da violencia machista.
ALCALDÍA
O Concello estuda a demanda da Asociación cultural da Rocha Forte de ampliación do centro sociocultural
O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, reuníronse esta mañá cos representantes da Asociación cultural da Rocha Forte no pazo de Raxoi para analizar os temas pendentes coa devandita entidade.
ACCIÓN CULTURAL
Os contos do Festival Atlántica regresan hoxe a Santiago cunha función infantil que se retransmitirá a través da rede de Centros Socioculturais
Este xoves, 5 de novembro, os contos do Festival Atlántica volverán a Compostela para completar a súa oitava edición, interrompida de súpeto pola declaración do estado de alarma. Malia as restricións sanitarias vixentes, o veterano encontro de narración oral, no que colabora o concello de Santiago; ten previsto programar 24 espectáculos que se van desenvolver os días 5, 6, 7 e 13 de novembro e mais o 5 e o 6 de decembro cun formato híbrido que compaxinará as sesións presenciais coas actuacións en...
TURISMO
Suspendida a XIII edición do Santiago(é)Tapas
A XIII edición do Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, queda suspendida debido ás restricións impostas en Santiago por mor da pandemia da Covid-19.
ALCALDÍA
Nova xuntanza do Consello Económico e Social
Trala súa posta en marcha, o pasado 22 de xuño de 2020, esta tarde volveuse reunir o Consello Económico e Social, neste caso para dar conta dos traballos efectuados ata o momento polo equipo coordinado polos profesores Melchor Fernández e Dolores Riveiro.