ACCIÓN CULTURAL
Cineuropa mantén o formato presencial nunha edición que reivindica o cinema como volta ao mundo real
O alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e o director de Cineuropa, José Luis Losa, presentaron esta mañá a 34ª edición do festival que se celebrará entre o 6 e o 22 de novembro en catro salas da cidade (Teatro Principal, Salón Teatro, NUMAX e Sala Mozart do Auditorio de Galicia).
Santiago participa nun encontro internacional de expertos do proxecto europeo AtlaS-WH para mellorar a xestión das cidades Patrimonio Mundial
O Consorcio de Santiago participa no proxecto europeo "AtlaS-WH", centrado na xeración de plans de xestión sostible das Cidades Patrimonio Mundial incluídas na Área Atlántica. Esta iniciativa, liderada pola cidade portuguesa de Porto, conta tamén como socios coas cidades de Santiago, Burdeos e Edimburgo, ás que acompaña ademais Florencia pola súa experiencia na xestión de sitios Patrimonio Mundial.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o pago do convenio asinado coa Asociación Área Empresarial do Tambre para impulsar os obxectivos do pacto pola industrialización de Compostela
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a xustificación e pagamento das actividades do convenio de cooperación entre a Asociación Área Empresarial do Tambre e o Concello de Santiago de Compostela para fomentar e impulsar o desenvolvemento dun polo de biotecnoloxía e outros obxectivos marcados no pacto pola industrialización de Compostela no marco do Programa Compostela Móvese 2020 COVID-2019. En concreto, aprobouse a xustificación parcial e pagamento da subvención nominativa á entidade...
URBANISMO
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente a segunda fase do proxecto de colocación de fibra óptica na Cidade Histórica
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, a fase 2 do despregue da fibra óptica; e a reforma dos aseos públicos situados na Rúa da Trindade e na Alameda. Ademais, na reunión propuxéronse unha serie de modelos de mamparas ou biombos e de elementos calefactores para as terrazas situadas no ámbito do Plan Especial da Cidade Histórica.