NADAL
O Mercado de Nadal de Carreira do Conde abrirá o vindeiro venres 4 de decembro ás 17:00 horas
Permanecerá aberto ata o 5 de xaneiro en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 horas; estará pechado os días 24 e 25 de decembro e 1 de xaneiro; e só abrirá pola mañá o día 31 de decembro. Como novidade, nas últimas dúas quendas este ano o Mercado esténdese tamén a Área Central, polo que a opción será dobre entre os días 26 de decembro e 5 de xaneiro.
MOBILIDADE
O martes 1 de decembro arranca a peonalización do ámbito de Mazarelos
A Xunta de Goberno do 23 de novembro de 2020 aprobou a peonalización do ámbito formado polas rúas Travesa da Universidade, praza da Universidade, praza da Fonte Seca e praza e rúa de Mazarelos en dúas fases: a primeira delas, dende o 1 de decembro, na que se permitirá a presenza de vehículos nestas rúas ata as 15.00 horas; e unha segunda fase, un mes despois, cunha peonalización total, sen convivencia cos vehículos.