ACCI'ON CULTURAL
A Banda Municipal e Abraham Cupeiro farán viaxar o público arredor das músicas do mundo
Este domingo, a Banda municipal de Música contará cunha colaboración de excepción: o músico Abraham Cupeiro, que traerá ao Auditorio de Galicia o seu espectáculo Pangea. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou o concerto en rolda de prensa acompañada do propio Cupeiro e do director da Banda, Casiano Mouriño.
ACCIÓN CULTURAL
A SELIC programa case medio cento de actividades do 10 ao 18 de outubro co obxectivo de visibilizar o potencial editorial e literario da cidade
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou a cuarta edición da SELIC, a Semana do Libro de Compostela, que se celebrará do 10 ao 18 de outubro en distintos espazos de Santiago, co obxectivo, sinalou, de visibilizar e dar a coñecer o potencial editorial e literario "da nosa cidade". En total hai programadas 45 actividades, entre roteiros, coloquios, conversas, mesas redondas, actuacións que combinan música e literatura, e distintos eventos infantís. A isto súmanse dúas exposicións, e dous...
ACCIÓN CULTURAL
Reactívase o Consello municipal da Saúde
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, presidiu onte a xuntanza do Consello municipal da Saúde, que se reactivou trala renovación dos seus membros, obrigatoria cada catro anos, e tralo parón imposto pola pandemia.
ALCALDÍA
O alcalde reivindica o alto nivel formativo do Politécnico na apertura do curso de FP
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou esta mañá no acto de apertura do curso de Formación Profesional 2020-2021 no Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Santiago, que estivo presidido pola raíña Dona Letizia.