MEDIO AMBIENTE E MOBILIDADE
O Concello establece restricións de acceso ao cemiterio de Boisaca para a festividade de Todos os Santos e o Día de Defuntos
A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, deron conta hoxe en rolda de prensa do protocolo a seguir no acceso ao cemiterio municipal de Boisaca nas festividades de Todos os Santos e o Día de defuntos.
ALCALDÍA
Xuntanza co presidente do Consello Regulador da IXP Vacún de Galicia
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe a Jesús González Vázquez, presidente do Consello Regulador da IXP Vacún de Galicia. No encontro, no que tamén estiveron presentes a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, e Foro Hérnandez, asesor da IXP, falouse do proxecto de obra da sede da entidade, ao que xa se lle concedeu a licenza de execución o pasado mes de maio.
ECONOMÍA E FACENDA
Un proxecto de Tesouraría Municipal detecta máis de seis mil vivendas que non están dadas de alta no censo de recollida de lixo
A concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, presentou hoxe o proxecto que está levando a cabo a Tesouraría Municipal para proceder á rectificación censual do padrón de lixo. O obxetivo é incorporar, de oficio, ao censo de recollida de lixo, todos aqueles inmobles que contan co servizo pero non están incluídos. Cotabilizáronse, en total, 6.160 vivendas que non están dadas de alta, segundo a verificación realizada polo departamento a través de distintas bases de datos; das que, calcula a...
ALCALDÍA
O alcalde recibe o novo comisario da Policía Autonómica
Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, mantivo unha xuntanza co comisario da Policía Autonómica, Jorge Rubal, trala súa toma de posesión.
CONCELLO
Restricións aprobadas para Santiago na orde da Xunta de Galicia de 21 de outubro de 2020
A Xunta publicou o 21 de outubro no Diario Oficial de Galicia as restricións previstas para Santiago por mor do paso a fase de 3 de incidencia da covid-19. Son as seguintes:
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Publicadas as listas definitivas de axudas para a mellora e a innovación dos negocios de restauración e hospedaxe e para micropemes
No día de hoxe vén de publicarse a resolución da Alcaldía pola que se aproban as listaxes definitivas de persoas beneficiarias, en agarda e excluídas da convocatoria de axudas para a mellora e a innovación da restauración e hospedaxe compostelá, incluídas no plan de reactivación do sector turístico covid-19.