ALCALDÍA E CONVIVENCIA
Santiago segue mantendo índices baixos de criminalidade en relación ao conxunto do Estado
Santiago segue mantendo índices baixos de criminalidade e na cidade non hai motivos para o alarmismo nesta materia. É a principal conclusión da Xunta Local de Seguridade celebrada hoxe, presidida polo alcalde, Martiño Noriega, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán. Na reunión volveu quedar patente o bo clima de colaboración entre os distintos Corpos e Forzas de Seguridade na capital galega.
CONSORCIO
O clarinetista israelí Yehuda Gilad impartirá clases a músicos/as galegos/as
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional.