XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as obras de rexeneración da calzada Ponte Marzán-Sandino-Cruceiro de Sar
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe as obras de rexeneración da calzada no eixo Ponte Marzán-Sandino-Cruceiro de Sar, unha actuación á que se van destinar máis de 350.000 euros. Trátase do viario que conecta a parroquia de Aríns co centro da cidade, coincidente en parte do seu trazado coa Vía da Prata.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A Feira do Libro regresa este sábado á Alameda
Dende mañá sábado, 28 de abril, ata o próximo 6 de maio, a Alameda de Santiago acollerá unha nova edición da Feira do Libro, xa a número 37. Este ano, a Feira leva por lema "Ler sen fronteiras", e na súa programación figuran numerosas actividades para o público infantil. En parte delas terá protagonismo María Victoria Moreno, a autora á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.
FESTAS
Compostela celebra a Ascensión cun amplo programa para todos os públicos e todos os petos
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá en rolda de prensa o programa das Festas da Ascensión 2018, que se celebrarán do mércores 9 ao domingo 13 de maio. Delaporte, Iván Ferreiro e Caxade son só algúns dos nomes destacados dun amplo programa de actividades para todos os públicos que se espalla por numerosos espazos da cidade e cuxo orzamento chegou este ano aos 230.000 euros.
ALCALDÍA
Aberta a inscrición para participar na ruta "As pegadas de Rosalía"
O sábado 5 de maio celebrarase a primeira das rutas do proxecto As pegadas de Rosalía destinada á veciñanza de Compostela. A actividade xorde tras a adhesión de Santiago en marzo a esta iniciativa, da que tamén forman parte os concellos de Padrón, Ames e Brión.
ALCALDÍA
O Goberno local convocará un pleno extraordinario co fin de aprobar o convenio para a construción da pasarela da intermodal
O Goberno prevé convocar a próxima semana o pleno extraordinario no que se aprobará o convenio coa Consellería de Infraestruturas e Vivenda e ADIF para a construción da pasarela peonil da futura estación intermodal. Na mesma sesión emendarase o erro detectado na anualización das achegas que o Concello fará para financiar esa actuación.