DEPORTE
Aberta ata o 2 de maio a inscrición para participar na XIV Andaina dos 50 km
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá a décimo cuarta edición da Andaina 50km, organizada polo Club deportivo Fontiñas, que se celebrará o sábado 5 de maio. Na rolda tamén estivo Iñaki Bilbao, representante da sección de montaña do club organizadora.
DEPORTE
Preto de 200 ximnastas daranse cita en Compostela no Campionato Galego de Ximnasia Acrobática
O polideportivo de Santa Isabel acollerá este sábado o Campionato Galego de Ximnasia Acrobática, organizado polo Club Ximnasia Rítmica Compostela. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada da directora técnica do Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela, María Cañabate, e da coordinadora da escola de ximnasia acrobática, Belén Ferreiro.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a Adriana Calcanhotto antes do seu concerto deste venres
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, recibiron a Adriana Calcanhotto. A artista brasileira ofrecé mañá venres un concerto no Auditorio de Galicia a partir das 20:30 horas.
ACCIÓN CULTURAL
Acción Cultural destina 150.000 euros ao financiamento de procesos e actividades culturais
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá en rolda de prensa as bases reguladoras da convocatoria aberta de axudas a proxectos e actividades culturais 2018-2019. Co obxectivo de fomentar a autonomía e a consolidación do tecido cultural da cidade e paliar a precariedade laboral do sector, a Concellaría adxudicará un fondo total de 150.000 euros co que as persoas e colectivos solicitantes poderán financiar até o 80% dos proxectos presentados. A resolución desta convocatoria plurianual contempla...
CONSORCIO
Un libro relata a historia do emblemático edificio Castromil e do seu antecesor, o Quiqui Bar, símbolo no seu día de modernidade en toda Galicia
O Consorcio de Santiago e Edicións Positivas acaban de publicar o libro De Quiqui Bar… a Castromil, de Francisco Macías, director de Edicións Positivas. Preséntase esta tarde na Fundación Torrente Ballester, ás 19:30 horas. No acto estarán, ademais do autor e coeditor, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández; e o responsable de Publicacións do Consorcio, Juan Conde.
IGUALDADE
O programa Verán CampUSC fomentará a igualdade e a conciliación durante os meses de verán
O Concello de Santiago, a través da Concellaría de Igualdade, colabora por terceiro ano consecutivo coa Fundación USC Deportiva e a Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC no programa Verán CampUSC 2018, concibido como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer, desenvolvida no período de verán. Permitirá a pais e nais traballadores da USC conciliar a vida laboral e familiar neste período, así como aquelas persoas que aínda non tendo vinculación coa...
LINGUA
Xa se coñecen os vídeos gañadores do certame Enreguéifate 2018
O xurado do certame Enreguéifate vén de dar a coñecer cales son os 14 vídeos gañadores da convocatoria, que promoven os concellos de Santiago, Ames, Teo e Carballo. Foron máis de 70 os traballos presentados. Os premios entregaranse durante a celebración da Regueifesta, o 2 de maio no Auditorio de Galicia.
CONVIVENCIA
O Concello colabora coa Caravana de Educación Viaria que a Fundación Mapfre trae a Santiago a próxima semana
Máis dun milleiro de escolares de Santiago de entre 8 e 12 anos poderán participar na Caravana de Educación Viaria que a Fundación Mapfre traerá a Santiago entre os días 30 de abril e 4 de maio. O Concello colabora con esta actividade, dirixida a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos.