IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, o da muller atropelada e atopada sen vida o pasado 24 de marzo en Santa Cruz de Retamar (Toledo).
MEDIO AMBIENTE
O CIAC programa este mes un ciclo de cinema e un obradoiro de ornitoloxía
En abril, augas mil e as andoriñas xa chegaron para facer o seu niño. Para darlles a benvida, no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) celebrarase un Obradoiro de iniciación á ornitoloxía e un roteiro interpretativo polas Brañas do Sar, tanto para adultos como para os máis pequenos. Tamén haberá un ciclo de cinema sobre loitas ambientais en Galicia.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Case 50 nenos e nenas deron renda solta á súa creatividade no Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa
Hoxe luns remata o Programa de Conciliación de Semana Santa que o Concello de Santiago puxo en marcha para facilitar ás familias a conciliación laboral e familiar neste período de vacacións. Participaron 47 nenos e nenas, dos que 27 acudiron ao CEIP As Fontiñas e 20 ao CEIP Raíña Fabiola.
DEPORTE E TURISMO
Máis de 200 persoas xa se inscribiron na carreira nocturna SantYaGo10K
SantYaGo10K, a carreira nocturna de Santiago de Compostela, celebrarase o sábado 28 de abril ás 22:00 horas. Cando queda aínda practicamente un mes para a proba hai xa máis de 200 persoas inscritas para participar. A carreira, sobre un circuito lineal e homologado de 10 quilómetros, ten a saída en San Francisco e a chegada na praza do Obradoiro, e percorrerá a Alameda e as principais rúas do Casco Histórico.
ALCALDÍA
A Corporación acudiu á tradicional cita do Día de Santiago en Padrón
Como cada luns de Pascua, hoxe celebrouse o Día de Santiago en Padrón. Unha delegación municipal, encabezada polo alcalde, Martiño Noriega, desprazouse á vila veciña para celebrar esta xornada, que serve para que Compostela e Padrón reforcen os seus lazos de irmandade.