IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, que deixou este luns unha vítima en La Viñuela (Málaga).
MEDIO AMBIENTE
A rúa Outeiro de Sar contará cun novo parque infantil e o parque Pablo Iglesias cunha remodelada área de xogos
O Goberno local vén de adxudicar a instalación de dous parques infantís, un deles de nova creación en Outeiro de Sar, e outro que será renovado no parque Pablo Iglesias. As dúas áreas de xogo estarán finalizadas nun prazo de tres meses, despois dun investimento total de case 225.000 euros.
DEPORTE E PATRIMONIO
A SantYaGo10K formará parte da I edición do Circuíto de Carreiras "Cidades Patrimonio da Humanidade"
Esta mañá presentouse en Sevovia o I Circuíto de Carreiras "Cidades Patrimonio da Humanidade", actividade que organiza o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España en colaboración con EDP e Paradores, con motivo da celebración en 2018 do 25 aniversario da creación da rede que reúne as 15 cidades españolas inscritas na Lista do Patrimonio Mundial da Unesco. Santiago, que xa dispón do seu Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan, suma unha das súas probas, a nocturna...
FESTAS
A queima do Meco pon fin ao Entroido compostelán
O personaxe central do Entroido santiagués volveu asumir o protagonismo na última xornada do programa das festas. A veciñanza compostelá reuniuse na praza do Toural para presenciar o descenso do Meco dende os balcóns do Pazo de Bendaña, convertidos por uns días en outeiro privilexiado desta figura creada por José Manuel Méndez.