IGUALDADE
Minuto de silencio na praza do Obradoiro polas tres últimas vítimas mortais da violencia de xénero
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron vítimas nos últimos días en Seseña (Toledo), Huercal (Almería) e Daimiel (Ciudad Real).
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Experimento sonoro co luthier Anxo Cabreira na Escola Municipal de Música
Ao longo de dúas sesións, o alumnado do PEX, de PEPA da Escola Municipal de Música e público convidado participou nunha innovadora actividade musical impartida polo luthier Anxo Cabreira, quen fixo da súa paixón pola madeira un oficio que está a ter gran recoñecemento profesional. Este artesán, logo de incursións en distintos países para afondar no seu oficio, tivo a oportunidade de traballar no prestixioso taller Hans Weisshaar, que é dende hai décadas un referente mundial na construción e...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Os obradoiros "Aulas sen paredes" poñen en práctica un novo método para a aprendizaxe de linguas
O concelleiro de Educación, Manuel Dios, presentou unha serie de obradoiros para o profesorado que se desenvolverán os días 17 e 18 de marzo en torno ao libro Aulas sen paredes. A súa autora, Rosalía Fernández, estivo tamén na rolda de prensa.
DEPORTE
Compostela acollerá dous partidos clasificatorios da Selección Española feminina e masculina de tenis de mesa
A concelleira de Deporte, Noa Morales, deu conta hoxe dos partidos de tenis de mesa que Santiago acollerá no marco da fase final de grupos do clasificatorio para o Campionato Europeo. Na rolda estivo acompañada polo presidente de Arteal-Santiago Tenis de Mesa e vicepresidente da Federación Española, José Albores, e pola xogadora profesional Raquel Bonilla, quen ademais está convocada coa Selección para a disputa dos encontros.