DEPORTE
Todo listo para a quinta edición da San Silvestre, que reunirá en Compostela a centos de atletas
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá os detalles da V edición da San Silvestre, proba que remata o ciclo de carreiras saudables do ano. A concelleira estivo acompañada polo delegado da Federación Galega de Atletismo en Santiago, Iván Sanmartín, e polos corredores Amador Pena e Esther Pedrosa.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago adxudica as obras de conservación da igrexa de Santa Cristina de Fecha
No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vaise intervir na igrexa de Santa Cristina de Fecha, situada na parroquia homónima. O organismo interadministrativo acaba de adxudicar a obra á empresa Murúa, S.C., por un orzamento global de 21.041,40 euros.
CONVIVENCIA
A Policía Local fai un chamamento a condutores e condutoras para evitar as distraccións ao volante
A Policía Local de Santiago fai un chamamento aos condutores e condutoras para que eviten as distraccións ao volante, que cada vez causan máis accidentes de tráfico. No que levamos de ano, rexistráronse 632 denuncias por distraccións, e en 2016 foran 707. Falamos, ademais, de infraccións graves, que implican unha sanción de 200 euros, e a perda de 3 puntos do carné.
ACCIÓN CULTURAL
O Teatro Principal acolle dúas representacións de "Nacidas libres"
Tras o éxito de As do peixe, e seguindo cunha liña de traballo arredor da indagación, a reflexión e o teatro do documento, a compañía galega Contraproducións, conducida por Cándido Pazó e Belén Pichel, volve a Santiago con Nacidas libres. A nova peza, con texto de Pazó, dirección de Marta Domínguez e interpretación de Mónica Caamaño, Rocío González, Susana Dans e Casilda Alfaro, ten dúas funcións programadas no Teatro Principal: o xoves.../em>
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Homenaxe teatral e floral a Xosé Mosquera Pérez, "O vello dos contos"
O IES Rosalía de Castro acolleu a representación O vello dos contos volta a Compostela, nunha homenaxe ao que fora o primeiro autor radiofónico de Galicia, Xosé Mosquera Pérez. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participou neste acto, no que tamén se anunciou a creación, para o curso 2018-2019, do I Premio Xosé Mosquera Pérez de Radioteatro. A lembranza completouse cunha parada na que fora a casa do homenaxeado, na rúa do Franco, e cunha ofrenda floral nos xardíns de Mosquera...
NADAL
As lendas do Apalpador e o Obradoiro de Scrapbooking, protagonistas do programa de Nadal deste xoves
Continúan as actividades de Nadal programadas polo Concello. Na xornada de mañá xoves, 21 de decembro, destacan o percorrido do Apalpador pola rede de centros socioculturais de Compostela e a celebración da segunda xornada do Obradoiro de Scrapbooking.
ALCALDÍA
O alcalde reivindica a colaboración entre as institucións no acto de presentación do proxecto da estación intermodal
O alcalde participou este mediodía no acto de presentación do proxecto da estación intermodal, celebrado na Cidade da Cultura. Martiño Noriega mostrouse convencido de que a infraestrutura "colocará a Santiago no século XXI en materia de mobilidade, ao tempo que mellorará a conectividade entre os barrios composteláns do Ensanche e da Pontepedriña".